Proxecto: Vagalume, proxecto psicopedagóxico e familiar.

Ano:2017

Aportación ao proxecto da Fundación José Otero e Carmela Martínez

As actividades postas en marcha tiveron como obxectivo principal promover os Dereitos da Infancia, en especial, aqueles que se atopaban nunha situación de vulnerabilidade e risco social.
A nosa intervención fíxose realidade grazas a diversos profesionais, recursos e prestacións que tiveron como obxectivo tanto o desenvolvemento integral das crianzas como o apoio ás súas familias (coa finalidade de que melloraran as súas habilidades parentais); recoñecendo a importancia da familia como primer axente socializador.

Debido a que a calidade de vida dos menores vese minguada polas realidades que están a vivir, este proxecto pretendeu promover desde unha perspectiva integral o desenvolvemento educativo e socio-sanitario da infancia en situación de risco de exclusión social, fundamentalmente a través de accións preventivas e de intervención, complementarias aos servizos normalizados facilitando o intercambio de información institucional mediante colaboración entre entidades e municipios que posibilitara a relación dos nenos e as familias, respondendo as carencias detectadas coas crianzas adolescentes, mocidade e as súas familias.

As accións estiveron orientadas á prevención e intervención integral. Para facilitar a devandita explicación englobamos as actividades por áreas do seguinte xeito:
1.- ÁREA EDUCATIVA E SOCIO-SANITARIA. Leváronse a cabo obradoiros tanto educativos (reforzo escolar) como outros centrados na parte da saúde (mellora de hábitos básicos), así como de ocio e valores.
2.- ÁREA DA FAMILIA. Levouse cabo o servizo de Orientación e Asesoramento Psicofamiliar.
3.- ÁREA EMOCIONAL. Traballouse mediante o servizo de Atención Emocional con cada un dos rapaces e rapazas de xeito individual.
4.- ÁREA DE VOLUNTARIADO, SENSIBILIZACIÓN E INCIDENCIA. Se desenvolveron actividades de sensibilización sobre os dereitos da infancia, protección e bó trato tanto dentro da propia entidade como fora, así como a participación activa en redes sociais, charlas, reunións, plataformas, campañas, etc.

A aportación da Fundación José Otero e Carmela Martínez destinouse á partida de actividades (xogos educativos e material para a realización dos obradoiros cós rapaces/as). É dicir, necesitábamos diversos contos e xogos específicos e axeitados para traballar as diversas dificultades. A nosa metodoloxía activa, participativa e reflexiva (xogo e lectura) adecuouse ás necesidades e carencias dos/as participantes como: o medo, os problemas de comportamento, o dolo, o traballo cooperativo, a inmigración, o amor, a amizade, etc.

Onde máis impacto se observa deste proxecto é na poboación destinataria. Dende este traballouse pola igualdade real e a “protección” do menor, tratando de garantir ás crianzas en situación de vulnerabilidade un contexto normalizado de desenvolvemento persoal; que respectara a súa integridade e potenciara as súas capacidades, ó tempo que axudara ás súas nais na atención das necesidades dos menores. Vimos como, día a día, melloraban as habilidades e destrezas de cada un dos menores participantes e como a familia mellora as súas habilidades en cando as responsabilidades e organización familiar.