Filmoteca
Princesas
Dirección: Fernando León de Aranoa
Argumento: Conta a historia de Caye e Zulema, dúas mulleres que exercen a prostitución. Caye (española) e Zulema (dominicana) teñen vidas diferentes, aparentemente, pertencen a bandos opostos, enfrontados, pero a trama da un xiro que fai que as protagonistas desta historia sexan aliadas e confidentes, que as levará a enfrontarse á súa propia realidade.
Miente
Dirección: Isabel de Ocampo
Argumento: Historia sobre a trata de mulleres con fins de explotación sexual, a través da mirada dunha muller orixinaria do este que exerce a prostitución.
La flor del desierto
Dirección: Sherry Hormann
Argumento: Narra a fascinante vida de Waris Dirie, á idade de 13 anos, Waris decátase de que o seu pai ten a intención de casala como a cuarta muller dun home maior e decátase de que non lle queda máis remedio ca fuxir. Atopa traballo como sirvienta cuns parentes lonxanos na embaixada somalí de Londres. Anos máis tarde, cando comeza a guerra civil en Somalia e se pecha a embaixada, Waris, xa muller, atópase coa ameaza de ser deportada e de novo ten que fuxir. Conta a historia de como unha moza e valente africana emigra a Europa e loita para erradicar un dos máis crueis e atroces rituais, a ablación ou mutilación xenital feminina.
El orden de las cosas
Dirección: César Esteban Alenda e José Esteban Alenda
Argumento: A vida de Julia ten lugar na bañeira. Pinga a pinga, ela intenta xuntar o valor para cambiar a orde das cousas.
Evelyn
Dirección: Isabel de Ocampo
Argumento: Evelyn viaxa a España dende o seu pobo natal en Perú. Pensa que vai traballar coa súa curmá nun restaurante. Pero é enganada e secuestrada para exercer a prostitución nun club de carretera. Esta é a historia dun lavado de cerebro o cal transforma a unha inxenua moza nunha escrava sexual.
Invisibles
Dirección: Isabel Coixet, Wim Wenders, Fernando León de Aranoa, Mariano Barroso e Javier Corcuera.
Argumento: Documental dividido en cinco historias que se propón dar voz a todas as persoas vulnerables da terra. É tamén unha humilde homenaxe ás persoas que nunca as abandonaron. A segunda historia deste documental “Crímenes invisibles” saca á luz a violencia sexual que padecen as mulleres no Congo.
Ladybird, ladybird
Dirección: Ken Loach
Argumento: Maggie ten catro fillos, todos de diferentes pais e que, debido ao violento ambiente familiar, están a cargo dos servizos sociais británicos. Cando Maggie coñece a Jorge, un refuxiado hispanoamericano, ve a posibilidade de refacer o seu propio fogar. Aínda así, o seu pasado segue atormentándoa. Unha vez involucrada na burocracia da asistencia social, resultaralle moi difícil conseguir a custodia dos seus fillos, pero Maggie non se da por vencida.
Lilya forever
Dirección: Lukas Moodysson
Argumento: Lilya, de 16 anos, vive nun aburrido barrio dos arrabaldes dalgún lugar da antiga Unión Soviética. A súa nai marchou aos Estados Unidos coa súa última parella. Lilya agarda reunirse con ela, pero ao non chegar cartas nin cartos da súa nai decátase de que foi abandonada. Desconsolada e sen cartos, vese na obriga de mudarse a un piso sen electricidade nin calefacción. O seu único amigo é un neno de 11 anos, Volodya, ao que ás veces deixar durmir no seu sofá. Os dous pasan tempo xuntos e fantasean coa idea dunha vida máis doada. A esperanza chega cando Lilya se namora de Andrei. El pídelle que se vaia con el para Suecia e comezar unha nova vida. O pequeno Volodya ten recelo e desconfía, pero Lilya fai as maletas. De súpeto, vese sentada nun avión camiño a Suecia sen saber que acontecerá.
Te doy mis ojos
Dirección: Icíar Bollaín
Argumento: Unha noite de inverno, Pilar foxe da súa casa. Leva con ela catro cousas e ao seu fillo Juan. Escapa de Antonio, un home que a maltrata e co que leva 9 anos casada. Antonio non tarda en ir buscala. Pilar é o seu sol, di, e ademais, “deulle os seus ollos”.
Trade
Dirección: Marco Kreuzpaintner
Argumento: Adriana é unha nena de 13 anos de Cidade de México que é secuestrada por traficantes de sexo. O seu irmán de 17, Jorge, emprende unha misión desesperada para salvala. Na súa persecución crúzase Ray, un policía texano que ao sufrir tamén unha perda na súa propia familia debido ao tráfico sexual convértese en aliado do mozo na procura da súa irmá polos baixos fondos.
Danza
Dirección: Diego García
Argumento: Curta ambientada en 1919 contra a violencia de xénero.
Alma
Dirección: Marcela Suppicich
Argumento: Curtametraxe sobre a trata de mulleres con fins de explotación sexual en Latinoamérica.
Campaña Corazón Azul
Dirección: Oficina das Nacións Unidas contra a Droga e o Delito (UNODC)
Argumento: A Campaña Corazón Azul ten por obxecto sensibilizar á sociedade en xeral, aos medios de comunicación , en relación á trata de persoas con fins de explotación sexual e ao seu impacto, co fin de obter apoio para combater a mesma como grave delito que atenta contra os Dereitos Humanos.
Defensor del Pueblo. La Trata de Seres Humanos en España. Víctimas Invisibles
Dirección: Defensora do pobo Soledad Becerril
Argumento: Cada ano miles de mulleres, crianzas e homes son vítimas de trata en todo o mundo. Non se coñece o número real. Según os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, en España só se identifica a 1 de cada 20 vítimas.
Nasija
Dirección: Guillermo Ríos
Argumento: Curta elaborada para o día da muller, tratando o problema de ser muller na África negra, dende o punto de vista da propia muller sentenciada a morte. Nasija relata, a través da historia dunha moza africana, o maltrato físico e psicolóxico ao que é sometida a muller nalgunhas culturas deste continente.
La mosca en la ceniza
Dirección: Gabriela David
Argumento: O film trata sobre dúas amigas íntimas que chegan a Bos Aires dende o noroeste procurando un futuro mellor, pero son vítimas dun engano e deben traballar nun prostíbulo. Alí, unha adáptase para sobrevivir e a outra intentará fuxir.
La hipocresía del sexo
Dirección: Rebeca María López, Carmen Titos, Carmen Gas, Eloisa D´Orsi
Argumento: Mostra e denuncia a contradicción dunha sociedade que por unha parte promove o consumo sexual, e por outra parte, vitimiza, criminaliza e invisibiliza ás traballadoras sexuais da rúa.
Enlace directo: https://vimeo.com/9319935
Chicas nuevas 24 horas
Dirección: Mabel Lozano
Argumento: Chicas nuevas 24 horas es un documental que nos muestra la cara de la esclavitud sexual femenina, un negocio en el que el cuerpo de las mujeres puede llegar a venderse en múltiples ocasiones durante el mismo día, incluso contra su voluntad.
Enlace directo: http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-noche-tematica/noche-tematica-chicas-nuevas-24-horas/3813158/
Voces contra la trata
Dirección: Mabel lozano
Argumento: Documental que denuncia la compra-venta de mujeres y niñas, con fines de explotación sexual, también llamada la esclavitud del S.XXI. Se trata de un documental de carácter testimonial que sirve para poner cifras a un problema aislado. Además se pretende romper algunos mitos como la identificación de la trata de personas con la prostitución o el tráfico ilegal de inmigrantes.
ARENAS DE SILENCIO: Olas de valor
Dirección: Chelo Alvarez-Stehle
Argumento: Tras dedicar máis de 15 anos a expoñer o submundo da explotación sexual e a trata en Asia e nas Américas, a xornalista internacional Chelo Alvarez-Stehle vése na necesidade de voltar á praia de Zarautz que deu fin á súa infancia co fin de desvelar segredos de familia. A película que inspira a romper o silenzo sobre a violencia sexual.
Las elegidas
Dirección: David Pablos
Argumento: Sofía, unha adolescente de 14 anos, está namorada de Ulises. Polo cal, e a pesar do cal, acaba encerrada nunha rede de prostitución no norte de México. Para liberala Ulises terá que atopar a outra moza coma substitución.
Venganza
Dirección: Pierre Morel
Argumento: Bryan Mills é un axente das forzas especiais xubilado que terá que volver á acción cando a súa filla Kim é secuestrada en París por unha organización criminal albanesa especializada en trata de brancas, a cal as engancha ás drogas e logo prostitúeas. Dispón só de 96 horas para conseguir rescatala antes de que se perda o rastro dela.