Ligazóns de interese
Women’s Link Worldwide é unha organización internacional con oficinas rexionais en Colombia e España, unha sólida preseza en América Latina e Europa e alianzas en construción na África Oriental.
Dende o seu comezo no ano 2001, implementaron con éxito accións de promoción, defensa e litixio para establecer estándares que impulsen os DD.HH de mulleres e nenas.
Emakunde-Instituto Vasco de la Mujer é un organismo autónomo do Goberno Vasco que deseña, impulsa, asesora, coordina e avalía as políticas de igualdade e sensibiliza á sociedade co fin de conseguir a igualdade real e efectiva de mulleres e homes na Comunidade Autónoma Vasca.
O Instituto da Muller e para a Igualade de Oportunidades (IMIO) é un organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que ten como funcións promover e fomentar a igualdade de ambos os sexos, facilitando as condicións para a participación efectiva das mulleres na vida política, cultural, económica e social, así como a de impulsar políticas activas para o emprego e o autoemprego das mulleres e fomentar e desenvolver a aplicación transversal do principio de igualdade de trato e non discriminación.
A Oficina Europea de Estatística, máis coñecida como Eurostat, é a oficina estatística da Comisión Europea, que produce datos sobre a Unión Europea e promove a harmonización dos métodos estatísticos dos estados membros.
Cepaim é unha organización independente, cohesionada e sustentable que da respostas a dinámicas sociais relacionadas co feito migratorio e cos procesos de exclusión social. Referente práctico e teórico na aplicación coherente de políticas transversais de interculturalidade, xestión da diversidade, igualdade de xénero, cohesión social, desenvolvemento local e codesenvolvemento, tomando como base de actuación o territorio.
Asociación para a Prevención, Reinserción e a Atención á Muller Prostituida (APRAMP), traballa para que as persoas que sofren explotación sexual e trata de seres humanos recuperen a liberdade e a dignidade facendo valer os seus dereitos e que acaden a autonomía necesaria para emprender unha vida fora do control e abuso dos seus explotadores. APRAMP, a partir da defensa e promoción dos dereitos destas persoas, contribúe a previr e erradicar a explotación sexual e a trata.
ONU Mulleres é a organización das Nacións Unidas adicada a promover a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres.
Comisión Económica para América Latina e o Caribe.
Oficina da ONU contra a Droga e o Delito.
O Colectivo Caminando Fronteras comeza a traballar en Marrocos en 2002 con inmigrantes da África Subsaxariana en tránsito cara a Europa, constituíndose como colectivo social no Estado Español no ano 2008.
Adoptando unha forma de traballo en rede, a estrutura do colectivo engloba un amplo abanico de profesionais de distintas disciplinas, a súa achega é totalmente voluntaria, nutríndose así mesmo de persoas migrantes que colaboran de forma horizontal nas diversas fases do proxecto.
O Proyecto ESPERANZA é a resposta da Congregación de Relixiosas Adoratrices ao problema de trata de mulleres en España. Desde 1999 desenvolven un programa de apoio integral para mulleres vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación principalmente na prostitución e tamén no servizo doméstico, matrimonios serviles, traballos forzados ou outros en condicións de escravitude.
A Alianza Global contra Tráfico de Mulleres (GAATW) é unha rede de organizaciones non gubernamentais de tódalas rexións do mundo, quenes comparten unha preocupación profunda para as mulleres , nenas, nenos e homes que viron violados os DD.HH pola práctica criminal de tráfico humano.
Periodismo humano é un novo medio de comunicación con enfoque de dereitos humanos e sen ánimo de lucro, dirixido por Javier Bauluz e cun equipo de redacción profesional, con corresponsais, colaboradores e analistas en diferentes partes do mundo.
Accem é unha ONG dedicada a mellorar as condicións de vida das persoas que se atopan en situación máis vulnerable na nosa sociedade e, especialmente, do colectivo de refuxiadas, migrantes e persoas en situación ou risco de exclusión social.
Recopilación de guias de linguaxe inclusiva.
A Federación Andalucía Acoge nace no ano 1991 para dar unha resposta máis eficaz e integral ao entón incipiente fenómeno da inmigración, e trazouse como obxectivo fundamental a construción dunha sociedade plural e inclusiva que garanta a igualdade de dereitos e oportunidades para todas as persoas residentes en España.
Organización internacional para as migracións.
Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE).
Este estudo pretende dar luz e mellorar as actuacións de todas as instancias implicadas na loita en contra da trata de seres humanos e contribuír a sumar esforzos para impulsala. Amosa tamén o compromiso de todos os socios no proxecto ITINERIS en contra desta vulneración dos dereitos máis elementais da persoa, que a reduce a simple mercadoría e a despoxa da súa dignidade, e quere contribuír cunha pequena achega á concienciación social e institucional sobre este delito.
Nesta web podes atopar diversos recursos para traballar en igualdade.
Un espazo de formación en igualdade de oportunidades entre mulleres e homes que o Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades puxo en marcha o ano 2007, e que a súa excelente acollida foi o motor para o seu crecemento, tanto en contido como en participantes.
O portal do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades. Sociedade da Información.
Pikara Magazine propón un xornalismo de calidade con perspectiva de xénero, protagonizado por persoas e historias que de cando en cando aparecen nos medios. Tratan todos os temas sociais e culturais que che interesan cun enfoque distinto: incisivo, inclusivo, comprometido, transgresor e de disfrute.
Dende este enlace accedes directamente a diversas publicacións sobre as mulleres e o movemento migratorio. As mesmas enfróntanse a diversas situacións que vulneran os seus dereitos: trata con fins de explotación sexual, clandestinidade etc, polo que supón unha realidade oculta a cal se expón a través desta serie de publicacións.
Justice Women proporciona defensa gratuíta a vítimas de violación, violencia doméstica e abuso infantil, principalmente en Latinoamérica, comprometéndose coa xustiza igualitaria para tódalas mulleres e nenas.
Dende este enlace directo accederás a unha Guía de axuda a xóvenes vítimas de trata con fins de explotación sexual e de prostitución.
Nesta web poderás encontrar noticias, datos e estatísticas sobre o índice de asasinatos de mulleres por mor das violencias machistas. Ademais atoparás documentación, artigos, etc, de temática feminista, guías de prevención de violencia contra as mulleres e nenas, lexislación vixente,etc.
A través desta web terás acceso a noticias, lexislación, datos estatísticos e documentación relacionada coa eliminación e prevención da violencia de xénero. Tamén terás acceso ao ‘Banco de Boas prácticas para la prevención da violencia de xénero ’ o cal recolle proxectos e experiencias prácticas en diversas formas de intervención, así coma o acceso a un espazo sobre reparación do dano, a través do cal se expoñen denuncias sobre malas prácticas xudiciais.