Dende mediados do 2020 o programa Vagalume lanzou, no marco do Proxecto Corazón Vermello, financiado pola Consellería de Sanidade, a campaña #SexDereitos.

Esta campaña ten como obxectivo sensibilizar e achegar a mocidade a educación afectivo sexual en igualdade, como unha cuestión de dereitos.

Debido a que o público directo da campaña é a mocidade a difusión realízase a través das redes sociais de Vagalume, compartindo materiais, recursos e información interesante e fiable.