Título: Intervención socieducativa coa infancia, adolescencia e as súas familias.

Ano: 2017-2018

Financia: Convocatoria Bienal Cáritas Española 2017-2018 Atención de la Infancia, Adolescencia y Personas Mayores ZIES realiza la Encuesta Inmigración y Refugio 2017 para Cáritas ...

O PROXECTO

Este proxecto busca romper a transmisión da pobreza de nais a fillos/ as. Supón favorecer o desenvolvemento integral da infancia, potenciando as súas capacidades, potencialidades e traballar coa súa familia para crear espazos de seguridade e afecto.

As dificultades de integración das familias en situación de vulnerabilidade e/ou risco social afectan os nenos, nenas e adolescentes. Nestes vese seriamente comprometido o seu desenvolvemento físico, emocional e cognitivo como consecuencia das múltiples carencias materiais e psicosociais asociadas á súa situación. Por tanto, e como resposta ao reto de mellorar as oportunidades e a inclusión dos nenos, nenas e adolescentes desenvolvemos unha serie de actuacións, en clara sintonía co obxectivo de loitar contra a exclusión social.

O crer nas potencialidades de crecemento, cambio e mellora de todo neno, nena e adolescente en pleno proceso de desenvolvemento e formación, e a súa familia, fundamenta a nosa acción socioeducativa, con independencia do grao de vulnerabilidade ou fraxilidade da unidade familiar. Isto permite a mellora da realidade da infancia e as súas familias; das súas capacidades, aspiracións e autonomía.

En consecuencia, as liñas de traballo céntranse no apoio social, emocional, socioeducativo e familiar, así como a creación de sinerxias con outros recursos ou entidades. Durante o proceso caracterízanos o dinamismo e a flexibilidade, de modo que se introducen progresivamente elementos de mellora coa vontade de conseguir unha atención de calidade para os nenos, nenas, adolescentes e as súas familias.

OBXECTIVO XERAL: Ofrecer un apoio integral ás familias en dificultade social con fillos menores de 18 anos ao seu cargo, favorecendo a súa inserción socio-laboral e formativa, realizando un traballo socioeducativo de acompañamento e traballo recíproco con toda a unidade familiar onde elas sexan as protagonistas do seu cambio, ademais de educar para a consecución da maduración persoal evitando situacións de risco de exclusión social integrando aos nenos e mozos na vida activa a través de accións educativas e de lecer saudable.

ACTIVIDADES

Actividades de formación cívica (dinámicas, talleres, manualidades), de mellora de habilidades sociais (comunicación e resolución de conflitos), apoio escolar (motivación para o estudo e técnicas de estudo), actividades para traballar emocións, talleres de xogos de mesa e cooperativos, actividades culturais e celebracións especiais, información e derivación cara a actividades de integración (Campamentos urbanos, Colonias, etc)

CONCLUSIÓNS

Desde o proxecto ofrecemos un apoio integral ás familias en dificultade ou risco social con fillos e fillas menores de 18 anos, favorecendo a súa inserción social e formativa, promovendo a igualdade de oportunidades e posibilitando a conciliación familiar e laboral.

Máis especificamente, e segundo os obxectivos expostos o grao de cumprimento foi o seguinte:

1. Nun 100% apoiáronse ás familias monoparentais en dificultade social e favoreceuse a inserción social, laboral e formativa. Nun 100% promoveuse a igualdade de oportunidades sociais e laborais, posibilitando tamén a conciliación social e laboral das familias atendidas.

2. Nun 100% melloráronse as habilidades, destrezas socioeducativas e responsabilidades das familias. Iniciáronse procesos de mellora da socialización, comunicación intrafamiliar, autonomía e convivencia entre os membros da unidade familiar.

3. Creouse un espazo educativo para favorecer a integración dos menores tanto familiar como social a través de factores protectores.

4. Os menores melloran nun 85% o seu comportamento en casa, no colexio e no desenvolvemento das actividades, a súa autoestima e nun 80% o seu equilibrio emocional. Nun 100% inician unha mellora a nivel curricular e organización escolar.

5. Traballouse con outras organización ou entidades, a través de reunións, para optimizar recursos e atender as necesidades ou demandas dos/ as participantes.