Título: Atención á familia e infancia “Vagalume”
Ano: 2019
Financia: Fundación José Otero e Carmela Martínez
XUSTIFICACIÓN
Debido a que a calidade de vida dos menores vese minguada polas realidades que están a vivir, este proxecto baséase en promover desde unha perspectiva integral o desenvolvemento educativo e psico-socio-sanitario da infancia en situación de risco de exclusión social, fundamentalmente a través de accións preventivas e de intervención, complementarias aos servizos normalizados facilitando o intercambio de información institucional mediante colaboración entre entidades e municipios que posibilite a relación dos nenos e as familias, respondendo as carencias detectadas cos nenos, nenas, adolescentes, novas e as súas familias. Somos o único Proxecto (dentro da localidade) que traballa a nivel integral e no que a familia atopa un lugar de referencia onde poder resolver as súas dificultades ou dúbidas en relación á educación cos seus fillos/ as, e, ao mesmo tempo, un espazo de protección e equilibrio físico, socio-sanitario, educativo e emocional para os seus fillos e fillas. |
ACTIVIDADES
As accións están orientadas á prevención e intervención integral. Para facilitar a devandita explicación englobamos as actividades por ámbitos do seguinte modo: 1.- ÁMBITO DE DESENVOLVEMENTO PERSOAL (EMOCIONAL E FAMILIAR). Se lleva a cabo un servizo de Atención Emocional, Acompañamento (a través de sesións individuais e/ou grupais) e a elaboración do PIT (proxecto individual) con cada un dos nenos, nenas, adolescentes e as súas nais e/ou pais, á vez que un servizo de Orientación Psicofamiliar. 2.- ÁMBITO ESCOLAR E SOCIO-SANITARIO. Se lleva a cabo talleres tanto escolares; de apoio nos deberes escolares e reforzo escolar como outros centrados na parte da saúde (mellora de hábitos relacionados coa saúde básicos). 3.- ÁMBITO EDUCATIVO E SOCIO-COMUNITARIO. Se lleva a cabo actividades de tipo socioeducativas (talleres de educación en valores, promoción de habilidades sociais e emocionais) como de lecer e tempo libre, así como culturais e/ou informativas/difusión, con obxecto de mellorar ou iniciar a integración en actividades comunitarias dentro da propia localidade e/ou barrio. 4.- ÁMBITO DE SENSIBILIZACIÓN, INCIDENCIA E VOLUNTARIADO. Actividades de sensibilización sobre os dereitos da infancia, protección e bo trato tanto dentro da propia entidade como fóra, así como a participación activa en redes sociais, charlas, reunións, plataformas, campañas, etc. |
Desde xaneiro a decembro do ano 2018, e coa axuda da Fundación José Otero e Carmela Martínez, atendéronse 112 participantes entre nenos, nenas, adolescentes e as súas familias. Foron atendidos 43 dentro dos talleres escolares e socioeducativos, 7 dentro do apoio emocional, 35 nais no servizo de orientación e asesoramento educativo familiar, como tamén a 11 familias apoióuselles terapéuticamente. |
Desde xaneiro a decembro do ano 2019, e coa axuda da Fundación José Otero e Carmela Martínez, atendéronse 14 dentro dos talleres escolares e socioeducativos, 4 dentro do apoio emocional, 17 nais no servizo de orientación e asesoramento educativo familiar, como tamén a 10 familias apoióuselles terapéuticamente. |
CONCLUSIÓNS Cremos que o impacto da nosa actuación reflíctese de varias maneiras: socialmente, nunha maior sensibilización da poboación; aumentando o número de doazóns, increméntanse as colaboracións de forma indirecta, así como o apoio dun número maior de voluntarios e voluntarias. Maior coordinación e colaboración con entidades públicas e privadas; tanto centros educativos como diversas organizacións non gobernamentais da localidade. En canto ao impacto no territorio, dicir que somos o único Proxecto en Santiago de Compostela e comarca que da cobertura diaria e atención ás diferentes necesidades que presentan os nenos/as e rapaces/as, mediante unha acción a nivel: familiar, psicolóxica, escolar, ampliándose cada ano con novas actividades e accións que axudan ao desenvolvemento persoal e social do mesmo. Desde o Programa trabállase pola igualdade real e a “protección” do menor, garantindo aos nenos/ as en situación de vulnerabilidade un contexto normalizado de desenvolvemento persoal.
|