As VIII Xornadas Galegas contra a Trata con fins de explotación sexual terá lugar no Salón de Actos (Campus de Esteiro) en Ferrol en horario de mañá e tarde.
Estas xornada pretenden ser un foro para afondar e reflexionar sobre os danos da explotación sexual, así coma un espazo para abrir novas perspectivas de abordaxe dos mesmos dende a transversalidade da perspectiva de xénero e un enfoque baseado nos Dereitos Humanos. O único xeito de avanzar cara a erradicación deste delito é romper o silenzo contra a explotación sexual e a TSH, visibilizar esta cruel realidade e as súas consecuencias e actuar con determinación para combatila.
Nas xornadas participarán profesionais especializados neste ámbito, velaquí o programa:
- 9:30 Recepción de participantes e entrega de material.
- 10:00 Presentación da xornada. Susana López Abella. Secretaria Xeral da Igualdade. Angel Mato Escalona. Alcalde de Ferrol. Julio E. Abalde Alonso. Reitor da UDC. Rede galega contra a trata sexual.
- 10:30 Ponencia: Irene Ramírez, da Comisión para a investigación de malos tratos a mulleres.
- 11:30 Pausa/café
- 12:00 Ponencia: “A prostitución e as súas consecuencias na saúde integral das mulleres” Mª Soledad Muruaga López de Guereñu. Mestra, psicóloga e sexóloga.
- 13:30 Pausa/ Comida
- 16:00 Ponencia: “O impacto psicolóxico nas vítimas de trata” Laura Redondo Gutiérrez. Psicóloga xurídica e forense. Investigadora. Tania Corrás Vázquez. Psicóloga xurídica e forense. Investigadora.
- 17:30 Ponencia: “Casa de Acollida “Pandora”. Recurso de acollemento para mulleres en situación de prostitución e vítimas de trata con fins de explotación sexual, soas ou con menores a cargo. Rede municipal de atención a mulleres do Concello de Madrid”. Charo Sánchez Quiroz. Psicóloga infantil do aloxamento “Casa Pandora”. Clara Fova García. Coordinadora do aloxamento “Casa Pandora”
- 19:00 Clausura Carlos Villar Arévalo. Rede Galega de Loita contra a Trata Sexual.
- 21:00 Acto externo: Teatro Jofre Representación “ INVISIBLES”. Compañía Redrum Teatro.
A REDE GALEGA CONTRA A TRATA SEXUAL está formada por 11 entidades sociais da comunidade autónoma galega dende o ano 2008 co fin de ser un instrumento de coordinación entre as organización integrantes da rede, sensibilizar aos axentes sociais implicados nesta vulneración dos Dereitos Humanos e problemática social, así como unha plataforma asamblearia de denuncia e incidencia política na loita contra a trata de persoas.
As entidade sociais que forman parte da Rede Galega contra a Trata Sexual son: Fundación Amaranta (Ourense), Faraxa (Vigo), Aliad (Lugo), Médicos do Mundo Galicia, Ecos do Sur Galicia, Cáritas Diocesana Lugo, Cáritas Diocesana Ourense, ACCEM Galicia, O Mencer Oblatas (Ferrol), Programa Vagalume Oblatas-Cáritas Diocesana Santiago, e a investigadorasocial Silvia Pérez Freire.