Proxecto: Avelaíña
Ano: 2017
Financia: IRPF
O proxecto Avelaíña durante o ano 2017 dentro do Progama Vagalume trata de conseguir a integración de mulleres que se atopan en situación de exclusión, centrando o seu traballo en mellorar a saúde integral das mulleres.
O modo de acceso das mulleres ao programa é a través de diferentes leitos (derivación doutros axentes sociais e de saúde, “boca a boca” entre mulleres, traballo de rúa e achegamento á realidade de prostitución, etc).
En todo momento desde que se valora e inicia unha intervención para axuda á muller , é prioritario respectar o proceso que cada muller ten e potenciar as súas capacidades. A intervención realízase de forma individual polas peculiaridades de cada caso, e ademais organízanse espazos para compartir a través de grupos de apoio e sesións grupales de formación de autocuidado.
Obxectivos
  • Atender e acompañar ás mulleres en situación de exclusión social no acceso e uso responsable de servizos públicos socio-sanitarios para a mellora da súa saúde e calidade de vida.
  • Fomentar estilos de vida saudables e formar en hábitos saudables físicos e emocionais que empoderen á muller.
  • Establecer medidas eficaces de educación para a saúde, especialmente na prevención de adiccións ou enfermidades infecto-contaxiosas.
  • Posibilitar unha rede de apoio social positiva para minimizar efectos negativos da situación de exclusión para as mulleres.
  • Crear ou fortalecer espazos de coordinación e colaboración inter e intra-profesionais.
Servizos e Recursos
Os servizos que se ofrecen ás mulleres participantes do proxecto están destinados a fortalecer a súa saúde integral durante todo o seu ciclo vital e en situacións de especial vulnerabilidade:
  • Entrevista de valoración e acollida da muller e a súa demanda de necesidades.
  • Orientación e mediación socio-sanitaria e acompañamentos.
  • Educación e promoción para a saúde
  • Atención psicolóxica.
A atención ás mulleres e o desenvolvemento das diferentes actividades do proxecto é posible polo labor e implicación tanto do persoal contratado para tal fin, como do comprometido equipo de voluntarias e voluntarios que participan no centro.
Resultados
Ata o momento no Programa Vagalume 37 mulleres foron beneficiarias directas deste proxecto, contando con atención psicolóxica e cun proxecto individual de mellora da súa saúde.
Ademais 18 mulleres participaron activamente en diferentes talleres sobre saúde integral, promoción da igualdade e prevención da violencia machista.