Proxecto: Corazón Vermello

Anos: 2015- Actualidade

Financia: DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E XESTIÓN DA SAÚDE PÚBLICA

Consellería de Sanidade – Xunta de GaliciaResultado de imagen de DIRECCIÓN XERAL DE INNOVACIÓN E XESTIÓN DA SAÚDE PÚBLICA - Consellería de Sanidade – Xunta de Galicia

O proxecto

O proxecto “Corazón Vermello” aglutinou a atención a familiares e enfermos de VIH-SIDA, colectivos en situación de risco ou con conductas que as coloquen en perigo de infección (drogodependentes, mulleres en contextos de prostitución, exreclusos, persoas sen fogar, etc..) así como de educación para a sáude dirixida a mozos e mozas cunha perspectiva de xénero, incidindo en hábitos sexuais saudables e a formación sobre a infección polo VIH, a sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS). Ao longo deste proxeto tentouse de dar resposta psicosocial ás situacións que se nos presentan dende estes colectivos de maior vulnerabilidade: información, orientación, asesoramento, apoio emocional, intervención psicolóxica, etc.

Levouse a cabo un programa de prevención onde a información tentou ser  clara, centrada na realidade de cada persoa. Desta maneira tratouse de evitar reinfeccións, de aumentar a adherencia aos tratamentos e o coñecemento sobre a enfermidade, de intervir sobre os estigmas sociais que soen sufrir as persoas con VIH, de traballar sobre a autoestima e as habilidades sociais (bastante deterioradas nestes colectivos) e de desenvolver hábitos de vida saudables. Mediante o traballo na rúa achegámonos ás persoas para formalas con coñecementos sobre  VIH, conductas e consumos de risco (drogas, exercicio da prostitución, etc)  para que foran eles os que actúen dentro dos seus colectivos como axentes de saúde posto que posúen determinadas potencialidades das que os técnicos dos programas carecemos: formas de convivencia no grupo, estilos de comunicación, crenzas culturais…

Os obxectivos do proxecto

  1. Proporcionar información comprensible mediante charlas explicativas de modo máis gráfico e cunha linguaxe máis adaptada ao que usan as persoas atendidas para coñecer o VIH/SIDA as diferentes vías de transmisión e a súa prevención, así como as diferentes enfermidades de transmisión sexual
  2. Reducir condutas de risco, especialmente en clave de prácticas sexuais ou consumo de drogas (infección de abcesos , as sobredoses, a mestura con benzodiazepinas, etc.)
  3. Formar modelos de saúde en cada colectivo: Educación de pares.
  4. Promover hábitos de vida saudable: Nutrición, hixiene persoal, adherencia ó tratamento e ás visitas médicas
  5. Elaborar ferramentas de recollida de datos e análise sobre os factores facilitadores da información e a comprensión da mesma, e daqueles que ante a sobreinformación a dificultan grandemente a comprensión da mesma
  6. Promover un concepto de sexualidade integral ligado á necesidade de intimidade e vinculación, analizando e cuestionando os estereotipos tradicionais de socialización masculina e feminina.
  7. Promover relacións sexuais sen risco e coñecer ó miúdo o concepto de anticoncepción e os diversos métodos anticonceptivos e adestramento asertivo na negociación ante o seu uso.

Accións

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO CON COLECTIVOS DE ENFERMOS E EN SITUACIÓN DE RISCO

►No caso do traballo con colectivos de enfermos de VIH/sida e con colectivos de risco, as actividades realizadas e os resultados obtidos foron:

A educación para a saúde, como actividade inherente a este proxecto, segue plantexando o desafío de ver a saúde dun xeito global. Asumimos o obxetivo de mellorar a saúde das persoas desde dúas perspectivas: preventiva e de promoción da saúde. Desde o punto de vista preventivo, capacitándoas para evitar os problemas de saúde mediante o propio control das situacións de risco, ou ben, evitando as súas posibles consecuencias. Desde unha perspectiva de promoción da saúde, capacitando á poboación para que adopte formas de vida saudables, recurrindo para elo á formación e a responsabilidade, co fin de que adquira os coñecementos, as actitudes e os habitos básicos para a defensa e a promoción da saúde individual e colectiva.

O traballo en grupo de iguais permite unhas vantaxes que teñen que ver cos métodos participativos:

Potencian:

  • a adquisición de habilidades sociais
  • a competencia na comunicación
  • a resolución de conflictos

Inciden:

  • na responsabilidade
  • na autoestima
  • na toma de decisións

As persoas participantes chegan a verbalizar que a súa actividade non é inmune á enfermidade. Son conscientes dos riscos, pero non sempre teñen toda información ou a formación necesaria coma para eludir determinados comportamentos, en xeral percibimos unha sensibilización de cara ás conductas de prevención. Ante estes casos trátase de robustecer a autoestima, o seu empoderamento para afrontar situacións difíciles. A tarefa enmarcouse na formación e información acerca de hábitos saudables, de hixiene corporal e no fogar, das conductas de risco, de cómo previr, da importancia da saúde, e dos recursos asistenciais ós que teñen dereito.

O outro obxectivo principal foi conquerila cobertura e atención sanitaria para aquelas persoas que carecesen dela, así coma informar e acompañar ás mulleres que o precisaron na xestión de prestacións sociais por longa ou grave enfermidade.

O programa de formación para a saúde dirixiuse a persoas que acoden de forma regular aos Centros, pois para as que se atenden fóra das dependencias dos centros desplegouse outra actividade de información “in situ”.

A actividade consisitiu en formar e informar acerca da importancia que teñen os comportamentos propios na conservación da saúde, e que esta  adquisición de coñecementos se traduza en que sexan axentes multiplicadorEs de hábitos saudables.

As accións que se levaron a cabo foron as seguintes:

  • Obter a cobertura sanitaria.
  • Acompañar socialmentes ás persoas que o precisaron.
  • Formar na prevención de conductas de risco e dar a coñecer e promover hábitos saudables.
  • Charlas monográficas de condutas de risco

Tratouse de incorporar coñecementos e novos modelos para que as mulleres sexan axentes activas da súa saúde, e leven a cabo comportamentos responsables.

O taller específico de Promoción de Hábitos de Vida Saudables cos seguintes contidos

-Sexualidade e UDVP:

  • métodos anticonceptivos
  • prevención de embarazos non desexados
  • enfermidades de transmisión sexual

-Hábitos saudables:

  • adiccións e drogodependencias
  • alimentación
  • hábitos de hixiene
  • relacións de parella (espectativas e desexos – ideais románticos

-VIH / sida

  • transmisión do virus
  • identificación de prácticas de risco para o VIH
  • prevención
  • colocación do preservativo

-Prevención doutras enfermidades infecto contaxiosas (tuberculose e hepatite)

Por último, cabe salientar a concesión da habilitación por parte da Consellería de Sanidade, do permiso para a realización das probas rápidas de detección do VIH, o que abríu un novo eido de actividade que complementa todo o anteriormente dito.

No tocante ao feito en cada un dos centros nos que se desenvolveron estas actividades, no centro Vieiro participaron un total de 101 persoas nas distintas actividades anteriormente descritas, cos seguintes perfís:

  1. 69 con persoas adictas
  2. 18 con inmigrantes irregulares
  3. 7 mulleres en contextos de prostitución
  4. 54 con persoas sen fogar
  5. 5 con voluntarios/as

A nivel individual fixeronse un total de 74 derivacións a Centros de Saúde e unha campaña de detección precoz da tuberculose en colaboración co Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Ademáis nesto centro repártese de modo individual e a demanda medidas profilácticas a aquelas persoas que o precisen.

Pola súa banda  Vagalume, adicado ao tratamento de problemáticas da muller, especialmente en contextos de prostitución, contactou con 775 mulleres a través do traballo de rúa das cales, 542 mulleres foi un único e primeiro contacto para a proposta de participar no programa, pero tan só 182 continuaron participando, das cales:

– 155 mulleres atendidas no Centro de día

– 8 mulleres atendidas no piso de acollida

– 19 probas rápidas de VIH (comenzouse a realizar a partir do mes de outubro)

DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO CON MOZOS/AS CON ELEVADA VULNERABILIDADE

►No caso do traballo ca mocidade con elevada vulnerabilidade social e alto risco, as actividades realizadas e os resultados obtidos foron foron programadas a fin de conquerir diferentes obxectivos, a partir de diversas técnicas: análise de datos, consulta bibliográfica, elaboración de carteis publicitarios, representación gráfica, rol, etc…. Deuse especial importancia a aquelas que pretendían concienciar ó rapaz/a de cal era o seu estilo de vida e da súa actitude fronte ás diferentes solucións, presentadas en forma de enquisas persoais ó longo do proxecto.

Realizamos actividades individuais e outras nas que a necesidade de discusión e representación dunha resposta conxunta xustificou o traballo en grupo. As actividades quedaron recollidas nun caderno específico, onde tamén constaron as aportacións complementarias, tanto as proporcionadas polo educador (voluntario/a) como as suxeridas polo grupo.

En xeral, o tratamento que fixemos das actividades acercouse ós aspectos vivenciais dos mozos e mozas, fuxindo dos aspectos máis teóricos e afastados da súa realidade, o mesmo tempo que a súa dificultade foi progresiva dependendo do grupo.

Para un óptimo desenvolvemento deste experiencia requiriuse un ambiente axeitado e un nivel suficiente de cohesión grupal.

Fomos tolerantes coas risas, as interrupcións … que se produciron nos primeiros momentos da posta en marcha do proxecto, sempre e cando non impediron o desenvolvemento das actividades.

Recoñecemos e respetamos as diferentes opinións que existiron en canto a un tema e non obrigamos a ninguén a dala súa opinión, ou a desvelar as súas experiencias persoais en contra da súa vontade.

Así o obxectivo do monitor/a foi o de achegar didacticamente ós rapaces/as ó coñecemento científico, as habilidades interpersonais e a ética relacional para que construíran a súa propia vivencia da sexualidade hábitos saudables.

Os grupos coordinounos a Psicóloga (cedida pola entidade), o mesmo tempo que supervisou a execución das diferentes accións, axudada por unha educadora-voluntaria que fixo os seguimentos dos rapaces/as. Para a posta en marcha dalgunha das actividades contamos co apoio dunha técnica da Dirección Xeral de Xuventude.

O tempo repartiuse entre: desenvolvemento de actividades relacionadas cos contidos, reunións de coordinación e seguimento, reunións de planificación e avaliación, etc.

As actividades se planificaron mensualmente, axustando os obxectivos específicos e os contidos en función da realidade grupal.

O período de realización, e polo tanto das diferentes actividades, axustouse ó horario especificado a continuación.

Distribuímos os contidos en bloques temáticos. Dentro de cada bloque temático as actividades secuenciáronse seguindo un itinerario que garantira un aprendizaxe significativo. Tódolos bloques temáticos obedeceron o seguinte modelo:

1.- Interrogantes previos

2.- Actividades de motivación (“Xogando…”)

3.- Actividades xeradoras de coñecemento (“Informámonos…”)

4.- Actividades de aplicación e resolución (“¿mito ou dato?…”)

5.- Actividades de valoración e recapitulación do aprendido (“Recorda que…”)

6.- Recursos de ampliación (“Saber máis…”)

 

Resultados

En xeral, a valoración que realizamos do Proxecto “Corazón Vermello”, dos obxectivos e das actividades foi moi positiva.

Ao mesmo tempo a realización do proxecto resultou moi enriquecedora pola súa motivación e atención prestada. Deu froitos nun período de tempo moito máis curto do que nun primer intre suporíanos, e os obxectivos propostos conqueríronse na súa maioría.

Non consideramos que o proceso deba deterse xa que quedan importantes metas por acadar ata conquerir que tódalas persoas cun perfil social determinado, dito anteriormente, e que están en risco continuo de contaxio do VIH/SIDA e outras enfermidades e acompañamento socio-sanitario das persoas que sufren o VIH/SIDA, utilicen estratexias sanitarias e de prevención que lles garantan niveis aceptables de saúde.

Polo tanto, nos futuros proxectos a realizar pensamos ter en conta os seguintes aspectos:

  • Ampliar o número de actividades adicadas a traballar a responsabilidade e ter hábitos responsables.
  • Tocar aspectos de prevención primaria e de promoción da saúde como estratexias básicas para evitar a aparición de problemas.
  • Promover a creación de novos materiais e metodoloxías lúdicas para a presentación do tema do VIH/SIDA.
  • Favorecer o traballo continuado en temas de prevención, para que poidan incorporar os hábitos saudables na súa dinámica de funcionamento habitual.
  • Favorecer a atención individualizada a cada persoa para prestarlle o apoio psicolóxico, social e material que precise en cada intre do seu proceso de aprendizaxe.
  • Mellorar a aportación económica no tocante a persoal profesional que desenvolve un servizo neste proxecto. Moitas veces actuaron gratuitamente e como simples voluntarios/as, poñendo en marcha as actividades e motivando aos participantes

O proxecto lévase a cabo dende fai catorce anos ininterrompidos, con resultados especialmente positivos , nun  campo tan difícil como é a atención a persoas en  situación de risco ou exclusión social.

No futuro é o noso desexo seguir incidindo no tema da saúde, a prevención e tamén a igualdade a través de proxectos que inclúan unha atención integral.