Proxecto: PROXECTO INTEGRAL DE ATENCIÓN E ACOMPAÑAMENTO Á MULLER VÍTIMA DE TRATA E/OU EN CONTEXTO DE PROSTITUCIÓN
Ano: 2016
Financia: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade

Resultado de imagen de ministerio de sanidad servicios sociales e igualdad logo

O Proxecto

O fenómeno da prostitución é unha realidade en continuo cambio, cambio que nos últimos anos se ve afectado por uns feitos claramente interrelacionados: o perfil das mulleres que a exercen (na súa maioría mulleres inmigrantes en situación administrativa irregular), a dispersión á hora de exercer a prostitución e o delito de Trata con fins de explotación sexual. Ademais debemos ter en conta que a liña que separa a trata do que se entende polo exercicio libre da prostitución é tan fina que en moitas ocasións aquela acaba diluíndose no laberíntico mundo do negocio da prostitución. Todos estes factores inflúen á hora da denuncia, así cando unha posible vítima de trata opta por denunciar, o que fai é entrar nun confuso e longo procedemento xurídico que de novo pode acabar levándoa ao exercicio da prostitución e por tanto  ao illamento e a marxinación.
O Proxecto desenvolveuse tendo en conta as condicións mínimas nas que desenvolven a súa vida todas as mulleres que exercen a prostitución, tanto as vítimas ou posibles vítimas de trata como aquelas que a exercen “libremente” porque tamén a voluntariedad agocha en moitas ocasioóns explotación sexual e case sempre carencias sanitarias, sociais, de protección e seguridade. Tratouse de mellorar as devanditas condicións e visibilizar os seus problemas a través de achegamentos periódicos aos lugares onde vén exercendo a prostitución, clubs, bares ou pisos onde podemos coñecer ou recoñecer a posibles
vítimas de trata. Nos desprazamentos a estes lugares establecéronse as estratexias necesarias para converter a Vagalume e aos seus recursos en lugar de referencia.

Accións

– Seguridade. As visitas periódicas a clubs, bares e pisos permitiron a identificación de elementos xeradores de inseguridade para as mulleres, entre eles detectar posibles situacións de trata con fins de explotación sexual. Por tanto, demos prioridade a establecer unha relación de confianza entre a muller e nós na súa propia contorna co obxectivo de observar situacións que atentasen contra a súa liberdade e seguridade, de servir de ponte para a denuncia e mediar nas súas necesidades e/ou demandas.

– Apoio psicosocial. O apoio psicosocial e atención psicoterapéutica formou parte do noso achegamento á muller porque os consideramos imprescindibles para que recupere as rendas da súa vida, a autoestima, a confianza en si mesma e os demais, perder o medo e volver crer nas súas posibilidades. Unha vez iniciada a súa recuperación persoal traballouse con ela a posibilidade da denuncia no caso de que así o decidise.

– Asesoramento xurídico. Información e acompañamento en temas legais ás mulleres que acoden ao Centro demandándoo e identificación a petición de Fiscalía de posibles vítimas de Trata en colaboración coas seccións de estranxeiría do Corpo Nacional de Policía en comisaría.

– Acompañamento a recursos sanitarios. Unha das primeiras accións que se realiza coas mulleres é informalas sobre a importancia do acceso ao sistema sanitario público e acompañalas na solicitude do cartón sanitario. Fixéronse acompañamentos tanto a realizar este trámite como aos distintos servizos médicos que puideron necesitar e demandar as mulleres. A nivel preventivo levaron a cabo acciones informativas sobre a proba rápida de VIH e de ETS como a sífilis e realizáronse ditas probas no Centro ás mulleres que o solicitaron.

– Ofrecéuselle á muller un lugar seguro onde poder tomar as súas decisións sen que sentise coartada a súa liberdade, sen que fose presionada e/ou atemorizada. Un lugar no que puidese quedar o tempo necesario para deseñar de novo o seu futuro unha vez retomadas as rendas da súa vida.

-Leváronse cabo acciones de sensibilización social a través de participacións en mesas redondas, conferencias, relatorios en congresos e xornadas e charlas en distintos centros educativos. A sensibilización, formar e informar sobre unha realidade invisibilizada e moitas veces conscientemente ignorada, como é a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, é unha das accións máis necesarias e urxentes que se deben levar a cabo.

Resultados

– Avaliación continua ou seguimento durante a execución do Proxecto: levaron a cabo reunións mensuais para determinar a consecución dos obxectivos propostos, ademais de atender á realidade atopada, por medio de observacións e análises das problemáticas atendidas, introducindo os cambios precisos en consonancia con esa análise.
– Avaliación final dos resultados: realizáronse ao final do período de execución do Proxecto, para verificar os logros obtidos, as dificultades e os resultados negativos.
Para facer esta valoración partimos dunha serie de indicadores:
Visitas a clubs:
– Número de clubs aos que tivemos acceso: 22 clubs
– Número de bares aos que tivemos acceso:3 bares
– Número de pisos aos que tivemos acceso: 25
– Número de achegamentos a clubs, bares e pisos: 60
– Número de clubs nos que se denegou o acceso: 0
– Número de contactos con mulleres que exercen a prostitución: 726
– Número de mulleres en contextos de prostitución e/ou trata: 508 (estimativo)
– Número de mulleres que se achegaron ao Centro (iniciaron e/ou continuaron Proceso, atendéronse as súas demandas, foron acompañadas): 133