REMATA O PROXECTO ARCO DA VELLA II

O proxecto Arco da Vella II de atención integral, dirixido a personas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, na Comunidad Autónoma de Galicia 2017; financiado polo Fondo Social Europeo e  a Secretaria Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia) chega ao seu fin.

O Proxecto Arco da Vella II deulle continuidade ao proxecto executado durante o 2016  ofrcendo así unha atención integral que permite paliar as graves consecuencias que ten na vida das mulleres ser ou ter sido vítimas de explotación sexual e/ou trata.

As actuacións que se viñeron desenvolvendo no marco do proxexcto e que se vinculan directamente coa consecución dos obxectivos específicos do mesmo, englóbanse en cinco áreas:

-Atención inicial nos chamamentos realizados polas autoridades competentes.
-Asesoramento social, apoio directo, atención, información e asesoramento continuado.
-Atención psicolóxica
-Asesoramento xurídico
-Orientación e asesoramento laboral. Formación.

O proxecto e as súas actuacións tiveron en conta:

  • A transversalidade da perspectiva de xénero como un eixo da entidade e, por tanto, das actuacións que dende a mesma se leva a cabo.
  • traballo en rede con recursos similares e sociais, tanto estatais como autonómicos, ofrece grandes posibilidades e facilita os procesos das participantes.
  • O voluntariado, un dos piares da entidade, está consolidado e formado na materia que nos ocupa polo que realiza tarefas fundamentais para o desenvolvemento das actuacións.
  • A comunicación externa da entidade e o uso das novas tecnoloxías que permite de maneira sinxela e atractiva difundir as actuacións así como sensibilizar/informar a sociedade en xeral.
  • A participación activa do Programa Vagalume – CÁRITAS en publicacións nacionais e internacionais.

Os resultados do proxecto son moito positovos. No caso do Programa Vagalume – CARITAS, durante o 2017 (de novembro a outubro), foron atendidas máis de 600 mulleres. Entre estas atencións compútanse as mulleres atendidas e/ou informadas en traballo de rúa e aquelas que recibiron atención xurídica, psicolóxica, acompañamentos e as usuarias do centro de día onde se imparte formación de diversa índole.

Atendendo ao citado anteriormente, a necesidade de executar proxectos de atención integral que teñan como destinatarias ás mulleres vítimas de explotación sexual e/ou de trata con fins de explotación sexual faise evidente. Neste sentido, despois de 25 anos de traballo, Vagalume – CÁRITAS continúa ofrecendo apoio integral ás mulleres que se atopan neste contexto.

O proxecto “Arco da Vella II”, analizando as necesidades específicas do colectivo cara o que vai dirixido a actuación e dadas as circunstancias socioeconómicas actuais, centrouse nos aspectos que inciden directamente na súa recuperación persoal e na inclusión social, cultural e laboral. Sendo esta última un piar fundamental para poder acadar unha vida autónoma e realizar un proceso vital de éxito.

No marco deste proxecto atendéronse 108 mulleres que participaron nunha ou varias das actuacións levadas a cabo é salientable que máis do 50% das mulleres recibiron unha atención integral continuada no tempo.

Facendo unha panorámica xeral dos 12 meses que durou o proxecto “Arco da Vella II” observamos que 108 mulleres recibiron atención inicial. Destas mulleres, 78 recibiron asesoramento social e apoio directo, 65 acudiron a asesoría xurídica e 49 a atención psicolóxica. Nos obradoiros e en asesoramento laboral individual participaron 37 mulleres.

O proxecto “Arco da Vella II” tratou, deste xeito, de incidir nestes aspectos e así, paliar as graves consecuencias que ten na vida destas 108 mulleres ser ou ter sido vítimas de explotación sexual e/ou trata.

Ademais podemos sinalar que,  tendo en conta as dificultades das mulleres que participan no proxecto, os resultados considéranse moi positivos, xa que no 100% dos casos a súa calidade de vida viuse mellorada e máis da metade das mulleres participantes realizaron ou ben están a realizar un proceso de desenvolvemento persoal e empoderamento que as situará nunha posición diferente para acadar as súas metas e afrontar as dificultades coas que se atopan.

 

Share This Story, Choose Your Platform!

About the Author: