Proxecto: Proxecto Psicopedagóxico e Familiar

Ano: 2016Resultado de imagen de fundación josé otero y carmela martínez logo

Financia: Fundación José Otero e Carmela Martínez

O proxecto

Os nenos, nenas e adolescentes son os últimos responsables da crise, e con todo están a sufrir as súas consecuencias de forma tan ou máis grave que outros colectivos e grupos sociais. Á vez, o impacto neles está a ser moito menos visible cando son precisamente os que menos capacidade teñen (individual e colectivamente) para enfrontarse a ela e ás súas consecuencias.

Así pois, vivir nunha situación de exclusión extrema ou de pobreza ten moitas consecuencias no desenvolvemento e na calidade da vida infantil. Ademáis implica un risco elevado de que esta situación de exclusión perdure durante toda a súa vida.

Para reducir as desigualdades é moito máis efectivo investir na infancia que en calquera outro grupo de idade, tal e como destaca o documento “Intervir na infancia: romper o círculo das desvantaxes” da Comisión Europea, que insta os países a que aseguren o acceso das familias, as nenas e os nenos a servizos de calidade e aeitados en materia de protección, vivenda, saúde e educación.

Para iso deben “mellorar o impacto dos sistemas educativos na igualdade de oportunidades para romper o ciclo de desvantaxes, garantindo que todos os nenos poidan beneficiarse dunha educación inclusiva e de alta calidade, que promova o seu desenvolvemento emocional, social, cognitivo e físico”.

Debido a que a calidade de vida dos menores vese minguada polas realidades que están a vivir, este proxecto pretendeu promover desde unha perspectiva integral o desenvolvemento educativo e socio-sanitario da infancia en situación de risco de exclusión social, fundamentalmente a través de accións preventivas e de intervención, complementarias aos servizos normalizados facilitando o intercambio de información institucional mediante colaboración entre entidades e municipios que posibilitara a relación dos nenos e as familias, respondendo as carencias detectadas cos nenos, nenas, adolescentes, mozos/as e as súas familias.

Accións

As accións estiveron orientadas á prevención e intervención integral. Para facilitar a devandita explicación englobamos as actividades por áreas do seguinte xeito:

– ÁREA EDUCATIVA E SOCIO-SANITARIA. Leváronse a cabo obradoiros tanto educativos (reforzo escolar) como outros centrados na parte da saúde (mellora de hábitos básicos), así como de ocio e valores.

– ÁREA DA FAMILIA. Levouse cabo o servizo de Orientación e Asesoramento Familiar.

– ÁREA EMOCIONAL. Traballouse mediante o servizo de Atención Emocional con cada un dos rapaces e rapazas de xeito individual.

– ÁREA DE VOLUNTARIADO, SENSIBILIZACIÓN E INCIDENCIA. Se desenvolveron actividades de sensibilización sobre os dereitos da infancia, protección e bó trato tanto dentro da propia entidade como fora, así como a participación activa en redes sociais, charlas, reunións, plataformas, campañas, etc.

 

Resultados

Cremos que o impacto da nosa actuación reflectíuse de varios xeitos: socialmente, nunha maior sensibilización da poboación; aumentando o número de doazóns, incrementándose as colaboracións de forma indirecta, á vez que nun número maior de voluntarios e voluntarias, tamén nunha maior coordinación e colaboración con entidades públicas e privadas; tanto centros educativos como diversas organizacións non gobernamentais da localidade.

En canto ó impacto no territorio, dicir que somos o único Proxecto en Santiago de Compostela e comarca que da cobertura diaria e atención ás diferentes necesidades que presentan os nenos/as e rapaces/as, mediante unha acción a nivel: familiar, psicolóxica, escolar, ampliándose cada ano con novas actividades e accións que axudan ó desenvolvemento persoal e social do mesmo.

Outro dos ámbitos no que se viu reflectido o impacto do programa foi na poboación destinataria. Dende o proxecto traballouse pola igualdade real e a “protección” do/a menor, tratando de garantir ós nenos/as en situación de vulnerabilidade un contexto normalizado de desenvolvemento persoal; que respectara a súa integridade e potenciara as súas capacidades, ó tempo que axuda ás súas nais na atención das necesidades dos/as menores.