Proxecto Avelaíña, dirixido a promover a saúde integral das mulleres.
Ano: 2016
Financia: Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade
O proxecto Avelaíña dentro do Progama Vagalume trata de conseguir a integración de mulleres que se atopan en situación de exclusión, centrando o seu traballo en mellorar a saúde integral das mulleres e as súas familias. O modo de acceso das mulleres ao programa é a través de diferentes canles (derivación doutros axentes sociais e de saúde, “boca a boca” entre mulleres, traballo de rúa e achegamento á realidade de prostitución, etc). En todo momento desde que se valora e inicia unha intervención para dirixida á muller , é prioritario respectar o proceso de cada muller ten e potenciar as súas capacidades. A intervención realízase de forma individual polas peculariedades de cada caso, e ademais organízanse espazos para compartir a través de grupos de apoio e sesións grupais de formación de autocoidado.
Obxectivos
- Atender e acompañar ás mulleres en situación de exclusión social no acceso e uso responsable de servizos públicos socio-sanitarios para a mellora da súa saúde e calidade de vida.
- Fomentar estilos de vida saúdables e formar en hábitos saúdables físicos e emocionais que empoderen á muller nas súas calidades.
- Establecer medidas eficaces de educación para a saúde, especialmente na prevención de adiccións ou enfermidades infecto-contaxiosas.
- Posibilitar unha rede de apoio social positiva para minimizar efectos negativos da situación de exclusión para a muller e as súas fillas e fillos.
- Crear ou fortalecer espazos de coordinación e colaboración inter e intra-profesionais.
Servizos e Recursos
Os servizos que se ofrecen ás mulleres participantes do proxecto están destinados a fortalecer a súa saúde integral durante todo o seu ciclo vital e en situacións de especial vulnerabilidade.:
- Entrevista de valoración e acollida da muller e a súa demanda de necesidades.
- Orientación socio-comunitaria e acompañamentos.
- Educación e promoción para a saúde e mediación socio-sanitaria.
- Atención psicolóxica.
- Mediación e integración socio-laboral.
A atención ás mulleres e o desenvolvemento das diferentes actividades do proxecto é posible polo labor e implicación tanto do persoal contratado para tal fin, como do comprometido equipo de voluntarias e voluntarios que participan no centro.
Resultados
Ata o momento no Programa Vagalume 45 mulleres foron beneficiarias directas deste proxecto con boa satisfacción nos seus resultados.