Ano: 2016
Financia: Concello de Santiago de Compostela.
O proxecto:
O Programa Vagalume – CARITAS pretende, co proxecto “Acompañamento a mulleres en contextos de prostitución”, acompañar ás participantes nos seus procesos de desenvolvemento persoal que teñen como obxectivo lograr o seu empoderamento persoal, social, familiar e laboral.
Para lograr este obxectivo incidimos nas áreas mencionadas a través de diversas actividades.
Na área persoal facilítase o apoio no relacionado coa saúde física e emocional e no desenvolvemento da vida diaria; na área social promóvese o acceso aos diferentes recursos e realízase mediación cos mesmos; na área familiar procúrase a mellora do vínculo familiar traballando co núcleo familiar ao completo; e por último, na área formativo-laboral ofrécese formación prelaboral (adquisición de coñecementos culturais, habilidades sociais, xénero e violencia de xénero, saúde…) e laboral (competencias clave), orientación para unha busca activa de emprego e mediación cos diferentes recursos e/ou empregadoras/es.
A execución do proxecto levarase a cabo do 1 de Xaneiro do 2016 ao 31 Decembro do 2016.
Os obxectivos do proxecto:
- Eliminar a vulnerabilidade e o risco de exclusión social ao que están expostas as mulleres en contextos de prostitución no Concello de Santiago de Compostela e arredores.
- Promover o empoderamento das mulleres en contextos de prostitución a través de procesos de desenvolvemento persoal.
- Facilitar e motivar o acceso das participantes aos diferentes recursos/entidades sociais.
- Fomentar a participación social e a integración co entorno das mulleres participantes.
- Crear unha intervención coas familias que favoreza o seu desenvolvemento integral, habilidades e competencias, con especial atención ao fomento da parentalidade positiva e crianza saúdable das súas fillas e fillos.
- Mellorar ou comezar a empregabilidade das mulleres participantes mediante o acompañamento e mellora de competencias persoais, sociais e laborais básicas.
Ao remate do proxecto:
A intervención integral e individualizada que tivo como eixo o Proxecto “Acompañamento a mulleres en contextos de prostitución” repercutiu de xeito positivo na vidas das 32 mulleres participantes que se empoderaron en tódolos niveis.
A través dos proxectos persoais todas e cada unha das participantes coñecen os seus dereitos, viron melloradas as súas relacións familiares, adquiriron habilidades e ferramentas para desenvolverse no entorno, melloraron o seu acceso ao mercado laboral e, polo tanto, a súa vulnerabilidade e risco de exclusión social sexan diminuíu considerablemente.
De xeito indirecto pero non menos importante, o proxecto repercutiu positivamente nas 32 familias e na comunidade da que forman parte as participantes.