Proxecto: Eixo
Financia: IRPF
Ano: 2016
O Proxecto
Mediante a posta en marcha deste Proxecto tratamos durante o ano 2016 de atender a familias co fin de mellorar a calidade de vida e benestar das mesmas; en concreto, dos menores cos que se produciron ou producen accións violentas. Para iso, puxemos en marcha accións tanto a nivel individual como grupal. Todas estas accións realizáronse de forma coordinada con outras entidades públicas e privadas (Punto de Encontro de Santiago, Traballadoras Sociais, CIMs e Educadoras Familiares do Concello de referencia da familia). As accións levadas a cabo foron: Servizo de Información e Acompañamento Social, Servizo de Asesoramento Psicolóxico a familias, Obradoiros de Prevención da Violencia (“Viaxando cara ao Bo Trato”) e Terapia de Xogo (orientado ás/os menores).
Accións
SERVIZO DE INFORMACIÓN E ACOMPAÑAMENTO SOCIAL. Este servizo estivo destinado a aquelas familias que sufriran violencia e se atopaban desorientadas en canto a que facer, como e onde acudir. Realizouse unha atención directa ao grupo familiar informando, orientando e/ou asesorando sobre dereitos e deberes, recursos sociais, atención psicolóxica e/ou xurídica. Valorando a demanda da familia (muller) acompañóuselle na toma de decisións de urxencia (se ese era o caso), acompañándoa no proceso de derivación a recursos especializados e a tomar conciencia da situación.
Realizouse, á súa vez, unha intervención indirecta (externa); mediante a coordinación con todos aqueles axentes que ían intervir no proceso tanto social, persoal como xurídico.
Todo iso operativizouse a través de sesións individuais, de forma quincenal, e foi levado a cabo por unha psicóloga formada no tema de violencia de xénero e intervención con vítimas, acompañada de persoal voluntario especializado (para os acompañamentos).
SERVIZO DE ASESORAMENTO PSICOLÓXICO A FAMILIAS. A atención realizouse a familias nas que se detectou unha situación de risco cara a muller e inadaptación social e/ou escolar, dos seus fillos/as, por mor da violencia intrafamiliar.
Tratouse, tanto de, facilitar ás familias información sobre as consecuencias da violencia dentro da familia e no desenvolvemento das/os menores a curto, medio e longo prazo, como de crear relacións vinculares positivas co fin de recuperar (na/o menor) sentimentos de seguridade e protección.
Elaboráronse Plans de Acción Individualizados (PAI) onde a través de sesións quincenais, cunha psicóloga, promovéronse cambios dentro da familia (a través de obxectivos).
TALLER “VIAXANDO CARA AO BO TRATO”. Tratouse dunha serie de actividades educativo-terapéuticas orientadas a traballar cos nenos/as e/ou adolescentes estratexias para fomentar o “bo trato”. Estas actividades traballáronse en forma de temas como: prevención da violencia, igualdade, educación afectivo-sexual. A través da formación de grupos e diferente metodoloxía (activa, participativa e entretida) unha psicóloga, acompañada de persoal voluntario e unha educadora (contrata para os mesmos), dinamizaron, estruturaron e planificaron cada unha das actividades. Púidose contar con todo o material didáctico e educativo e infraestrutura para iso.
TERAPIA DE XOGO (EMOCIONAL). A través de servizo traballamos con nenos/nenas e/ou adolescentes que sufriran ou estaban a sufrir situacións traumáticas e que afectaran, dalgunha maneira, ao seu desenvolvemento e/ou adaptación social, escolar e/ou familiar.
Así pois, proporcionouse un espazo terapéutico “de xogo”, e a través dunha serie de métodos e técnicas lúdicas especializadas o neno, nena e/ou adolescente puido atopar múltiples oportunidades para a expresión e autocontrol das súas emocións, a expansión da conciencia, o recoñecemento dos seus propios recursos e potencialidades, así como a normalización das súas pautas de desenvolvemento. Todo iso coa guía dunha psicóloga especializada neste modelo de traballo terapéutico, quen lle ofreceu ao neno, nena e/ou adolescente unha relación cordial, empática e afectuosa que lle proporcionase a confianza necesaria para a superación dos problemas que o levaron a terapia.
Dentro do proxecto, non nos esquecemos do persoal voluntario, importante para o mesmo, grazas ao cal se fixo realidade un traballo tan especializado como este. O voluntariado foi vicnular para os nosos participantes, por iso, o acompañamento dos mesmos en temas como o “bo trato”, “a persoa como centro” foi indispensable. Así pois, o persoal técnico dedicou un esforzo importante para o seu acompañamento.
Resultados
Os obxectivos que expuxemos, ao longo deste ano 2016 foron cumpridos de forma satisfactoria a pesar dos esforzos que supuxo o organizar, programar e planificar talleres, actividades e servizos, ao mesmo tempo que a propia execución das mesmas.
Acompañouse a 35 familias e 25 delas (e os seus fillos/as) iniciaron un proceso de cambio.