Proxecto: Acompañamento a mulleres en contextos de prostitución

Ano: 2019

Financia: Concello de Santiago de Compostela.
Resultado de imagen de logo concello

CARITAS DIOCESANA DE SANTIAGO – Programa Vagalume  , a través do proxecto “Acompañamento a mulleres en contextos de prostitución”, continuou co acompañamento ás participantes nos seus procesos de desenvolvemento persoal que teñen como obxectivo lograr o seu empoderamento persoal, social, familiar e laboral.

Para lograr este obxectivo incidimos nas áreas mencionadas a través de diversas actividades.

Na área persoal facilitouse o apoio no relacionado coa saúde física e emocional e no desenvolvemento da vida diaria; na área social promoveuse o acceso aos diferentes recursos e realizouse mediación cos mesmos; na área familiar procurouse a mellora do vínculo familiar traballando co núcleo familiar ao completo; e por último, na área formativo-laboral ofreceuse formación prelaboral (adquisición  de coñecementos culturais, habilidades sociais, xénero e violencia de xénero, saúde…) e laboral (competencias clave), orientación para unha busca activa de emprego e mediación cos diferentes recursos e/ou empregadoras/es.

intervención integral e individualizada que ten como eixo o Proxecto “Acompañamento a mulleres en contextos de prostitución” repercutiu de xeito positivo e directo na  vidas das 62 mulleres participantes que se empoderaron en tódolos niveis.

Este proxecto logrou que , a través deste proceso persoal, todas e cada unha das participantes poidan gozar e coñecer os seus dereitos,  melloren as súas relacións familiares, teñan as habilidades e as ferramentas suficientes para desenvolverse no entornovexan facilitado o seu acceso ao mercado laboral e, polo tanto, a súa vulnerabilidade e risco de exclusión social se vexan considerablemente diminuídos.

Así mesmo, o proxecto logrou fortalecer e continuar cos obxectivos e coa liña de traballo dos proxectos realizados en anos anteriores ao abeiro dos bos resultados dos mesmos. De xeito indirecto pero non menos importante, o proxecto repercutiu  de maneira positiva en todo núcleo familiar e comunitario.

 A avaliación cualitativa, como ben sendo habitual, realizouse a través do seguimento e acompañamento nos procesos de desenvolvemento persoal individualizados, cada unha das mulleres participantes marcou as súas propias metas (obxectivos) e o ritmo do seu proceso. Precisamente a heteroxeneidade do colectivo co que traballamos, cada persoa, e por tanto, cada proxecto persoal son diferentes. Este feito determina que a avaliación sexa única para cada proceso mais podemos sacar conclusións comúns relevantes para a avaliación global do proxecto. 

Entre estas conclusións destacan como fortalezas: o aumento do número de mulleres que acoden e (re)coñecen o Programa Vagalume, o incremento da autoestima das mulleres participantes; a adquisición de habilidades, ferramentas e estratexias necesarias para afrontar a súa vida diaria e as relacións interpersoais (trámites sanitarios, administrativos e sociais); mellora do coñecemento e acceso aos recursos existentes no Concello; mellora nas relacións intrafamiliares especialmente no vínculo materno-filial; aumento de participación en actividades formativas levadas a cabo tanto polo Programa Vagalume como por outras entidades (formación prelaboral, obradoiros de xénero, cultura xeral,…); adquisición de ferramentas, habilidades e estratexias para a busca de emprego; ou o aumento da participación cidadá a través das diferentes actividades socioculturais existentes na cidade.

Se atendemos ás debilidades observadas durante o desenvolvemento do proxecto destacan: as características propias do colectivo co que traballamos (elevada mobilidade, situación administrativa irregular, estigmatización, barreiras formativas, culturais e/ou lingüísticas, dificultades no acceso ao mercado laboral pola ausencia de ofertas no contexto no que nos atopamos ou a dificultade á hora de acceder aos servizos sociais, entre outras) que limitan de xeito evidente o acceso a recursos e dereitos.

Equipo Técnico que forma parte deste proxecto, tamén foi avaliado polas participantes no que manifestan sentirse apoiadas, respetadas, escoitadas e acompañadas, do mesmo xeito valoran como positiva a atención individualizada en tódalas áreas e a claridade da información, tamén sinalan sentirse máis preparadas para enfrontarse á súa vida diaria, a acudir aos diferentes recursos e iniciar/continuar cunha busca de emprego activa.

avaliación interna que realizou o equipo técnico concluíu que os resultados son positivos e a metoloxía axeitada mais, ao igual que nos anos anteriores continúa a ser preciso mellorar as estratexias na area laboral malia que se diversificaron e ampliaron os obradoiros específicos na mesma.

avaliación cuantitativa, desvela de xeito numérico cales foron os resultados obtidos polo proxecto. Para isto marcáronse na proposta do proxecto os seguintes indicadores:

  • Nº de mulleres atendidas: 62
  • Nº de mulleres que ven mellorada a súa calidade de vida: 62
  • Nº de mulleres que realizan un proxecto persoal con éxito e, por tanto, están empoderadas:45
  • Nº de mulleres que logran, en caso de non tela, a cobertura sanitaria: 25
  • Nº de mulleres que participan na área FAMILIAR (orientación psicosociofamiliar, apoio emocional á familia, formación en habilidades parentais): 39
  • Nº de familias que ven mellorados os seus vínculos: 39
  • Nº de mulleres que acceden a recursos/entidades sociais: 54
  • Nº de mulleres que acoden a Servizos Sociais e coas que se realiza seguimento conxunto: 23
  • Nº de mulleres que acoden a orientación laboral : 45
  • Nº de mulleres que acoden a Obradoiros de estratexias para a busca de emprego: 17
  • Nº de mulleres que teñen posibilidades de acceso ao mercado laboral:45
  • Nº de mulleres que participan nos Obradoiros de Xénero, Violencia de Xénero, Saúde,…: 45