Un 70% das 60.000 vítimas de trata en todo o mundo son mulleres e nenas.

A explotación sexual converteuse nun dos maiores negocios do mundo. Asociacións que loitan contra este fenómeno denuncian que en España “a lei non está centrada na protección da vítima” e demandan que se incrementen os medios para loitar contra ‘a escravitude do século XXI’.

Ningún país é inmune a tráta de persoas. En 2016 detectáronse 63.251 vítimas de trata en 106 países, das cales o 70% eran mulleres e nenas, segundo un informe de Nacións Unidas. Unha secuela que se lembra cada 30 de xullo con motivo do Día Mundial Contra a Trata.

“A trata constitúe unha grave ameaza para a integridade física e a dignidade das persoas, os dereitos humanos e o desenvolvemento”, recalca Antonio Rivas, coordinador de Proxecto Esperanza, unha asociación que loita contra este fenómeno en todas as súas formas.”

VER A NOVA COMPLETA