Qué facemos

Sensibilización

O Programa Vagalume tamén procura sensibilizar á cidadanía sobre igualdade e violencia de xénero en xeral así como,sobre a situación das persoas vítimas de trata con fins de explotación sexual en concreto.

Neste sentido, Vagalume participa en diversos foros de discusión a nivel nacional e internacional, acude a xornadas específicas da Universidade ou da Administración pública así como visita centros educativos onde se imparten obradoiros específicos sobre os fenómenos mencionados.