Qué facemos
Piso de acollida/emerxencia
O piso de acollida/emerxencia é un lugar de residencia temporal e un espazo de transición e reflexión, posibilitando un proceso de recuperación persoal no que se protexe, e se lles ofrece apoio profesional ás mulleres en contextos de prostitución e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual. Procúrase, dende este espazo, paliar as graves consecuencias derivadas desta situación e preténdese que as mulleres superen as dificultades que lles impiden gozar de plena autonomía e ter alternativas sociais e laborais.
