Proxecto: Corazón Vermello

Anos: 2019- 2022

Financia: Consellería de Sanidade – Xunta de Galicia

unnamed

 

 

O proxecto “CORAZÓN VERMELLO”, financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, da continuidade a actuacións que, dende Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela a través do Programa Vagalume (Centro da muller e Centro de atención psicofamiliar) e o Centro de Atención Social Continuada Vieiro; traballan na loita contra o VIH/SIDA.

A través deste proxecto lévase, dende fai anos,dando soporte, acompañamento, información, formación, sensibilización e prevención a colectivos moi sensibles, usuarios dos nosos centros, ante o VIH/SIDA. Impulsando a súa vez actuacións e actitudes proactivas na visibilización e loita contra a discriminación das persoas afectadas.

A existencia e continuidade do proxecto por un novo período (2019 – 2022), resulta de vital importancia tanto a nivel de prevención como de sensibilización para as persoas usuarias dos nosos proxectos como para a poboación en xeral.

Como obxectivos xerais a acadar contémplanse os seguintes:

  • Previr novas infeccións, minimizar o impacto negativo persoal e social da epidemia e garantir o acceso ao sistema sanitario das persoas con infección polo VIH/sida e outras ITS.
  • Promover o coñecemento real das prácticas de risco de transmisión do VIH e das ITS.

Obxectivos específicos:

  • Proporcionar información comprensible a través de obradoiros interactivos e unha linguaxe e ambiente distendido, co fin de acercar e aclarar coñecementos sobre o VIH/sida entre outras enfermidades de transmisión sexual,  as diferentes vías de contaxio así como as medidas axeitadas de prevención.
  • Reducir conductas de risco mediante a promoción de actitudes, coñecementos e hábitos básicos de hixiene para o control e convivencia en situacións de risco.
  • Facilitar e fomentar o uso do preservativo.
  • Promover a realización de probas rápidas de detección do VIH.
  • Promover una vida afectiva y sexual positiva, relacións baseadas no respecto, a igualdade e o bo trato, libres de estereotipos e roles sexistas.
  • Elevar o uso das TIC para un máximo alcance na difusión, sensibilización e formación tanto do proxecto como das actividades a levar a cabo.

As accións terán impacto dentro da provincia de A Coruña (Área Sanitaria Grupo 3 Santiago de Compostela e A Barbanza e a provincia de Pontevedra (Área sanitaria Grupo 2 Pontevedra e o Salnés).

As beneficiarias directas deste proxecto son:

  • Mulleres e mulleres transxénero en contextos de prostitución e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual, migrantes e en situación administrativa irregular.
  • Persoas en situación de gran vulnerabilidade social ( persoas sen fogar, con problemas de saúde mental, persoas seropositivas, UDVP…).
  • Mocidade en situación de gran vulnerabilidade derivadas por una serie de casuísticas: a súa condición de migrantes, familias monoparentais, nais en contextos de prostitución, situación graves de violencia machista, violencia intrafamiliar, situacións de adicións no entorno próximo… provocando nalgúns casos dificultades na adaptación escolar e social, autoestima baixa, hábitos de vida pouco saudables e carencia ou dificultade no acceso a información/educación afectivo sexual.

Dun xeito indirecto beneficiaranse deste proxecto as familias e o entorno próximo das usuarias e a súa vez a poboación en xeral.

Todas as fases do proxecto  terán incorporada a perspectiva de xénero e o enfoque de dereitos humanos tendo en conta o marco da intersecionalidade que atravesa a poboación diana.