Proxecto: Corazón Vermello 2022-2025

Anos: 2022 – 2025

Financiación: Consellería de Sanidade – Xunta de Galicia

O proxecto “CORAZÓN VERMELLO”, financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, da continuidade a actuacións que, dende Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, a través do Programa Vagalume e o Centro de Atención Social Continuada Vieiro, teñen por obxetivo contribuir á prevención da trasmisión do Vih/sida e á erradicación do estigma e garantir o acceso ao dereito a saúde das persoas con VIH/sida e outras ITS.

A través deste proxecto lévase, dende fai anos, dando soporte, acompañamento, información, formación, sensibilización e prevención a colectivos en situacións moi vulnerables cos que se traballa no nosos centros ante o VIH/SIDA. A súa vez son impulsadas actuacións a favor da visibilidade na loita contra a discriminación das persoas afectadas.

A existencia e continuidade do proxecto por un novo período (2022 – 2025), resulta de vital importancia tanto a nivel de prevención como de sensibilización para ás persoas usuarias dos nosos proxectos, como para a poboación en xeral.

OBXETIVOS:

Obxetivos Xerais:

  • Contribuir á prevención da transmisión do VIH/sida e á erradicación do estigma e a discriminación social vinculado ás persoas con VIH/sida e demais ITS.
  • Garantir o acesso ao dereito a saúde das persoas con VIH/sida e outras ITS.

Obxetivos Específicos:

  • Proporcionar información sociosanitaria de calidade sobre o VIH/sida e demais ITS (vías de transmisión, métodos de prevención, tratamento…), adaptada ás características da poboación destinataria do proxecto.
  • Reducir o risco de infección por VIH entre a poboación destinataria
  • Promover o uso do preservativo entre a poboación destinataria do proxecto.
  • Promover a realización da proba rápida do VIH nas mulleres e mulleres trans* en contextos de prostitución y/o VTSH con fins de explotación sexual e entre persoas en situación de sen fogar.
  • Reducir conductas de risco a través dunha educación sexual de calidade entre as participantes do proxecto e a poboación en xeral.
  • Promover o acceso ao sistema sanitario e a recursos específicos de VIH/sida das persoas participantes.
  • Fortalecer as capacidades e os coñecementos individuais cara o exercicio de dereitos.

O proxecto presta atención ás mulleres que se atopan en situación de explotación sexual e/ou son VTSH con fins de explotación sexual  nas área sanitarias de Santiago de Compostela e a Barbanza; A Coruña e Cee; e Pontevedra e o Salnés.

Para a realización das actividades contamos con dous locais en Santiago de Compostela e coa unidade móbil para realizar o achegamento aos clubs e pisos onde se exerce a prostitución ubicados nas principais vías de acceso á cidade: Ordes, Padrón, Carballo, Lavacolla, Santa Comba, Pontevedra, A Estrada, Lalín, Ribadulla, Ourense, Lugo, Ames, Vimianzo e Santiago cidade.

A ubicación dos locais é:

  • Centro de Atención Social Continuada Vieiro: Rúa Carretas nº 27. 15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • Centro Vagalume: Rúa Loureiros nº3. Bj. 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

As beneficiarias directas deste proxecto son:

  • Mulleres e mulleres trans* en contextos de prostitución, vítimas de explotación sexual e/ou vítimas de TSH con fins de explotación sexual.
  • Persoas que viven con VIH/sida e o seu contorno: persoas en grave situación de exclusión social por ser UDVP, persoas sen fogar, persoas con doenzas en saúde mental, persoas seropositivas…

De xeito indierecto serán beneficiarias do proxecto as familias, o entorno próximo das persoas usuarias e a poboación en xeral.

Todas as fases e accións do proxecto teñen incorporada a perspectiva de xénero e un enfoque de dereitos humanos tendo en conta o marco da intersecionalidade que atravesa a poboación diana