A VI Xornada Galega contra a Trata con fins de explotación sexual terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) en Santiago de Compostela en horario de mañá e tarde. Esta Xornada pretende ser un foro para reflexionar e debatir sobre as ferramentas actuais de intervención no marco legal, social, e sanitario, así coma un espazo para abrir novas perspectivas de abordaxe dende a transver­salidade da perspectiva de xénero e un enfoque baseado nos Dereitos Humanos. O único xeito de avanzar cara a erradicación deste delito é romper o silenzo contra a tra­ta, visibilizar esta cruel realidade e actuar con determi­nación para combatila.

Nesta VI Xornada participarán profesionais especialistas neste fenómeno en diferentes eidos: Raquel Doval, Psicóloga especialista en xénero; Hilde Daems, responsable da área de muller de Cáritas Española; Inmaculada Montalbán, maxistrada e ex-directora do Observatorio nacional contra a violencia de xénero; Natividad Penas, interlocutora provincial da CNP; Angélica Mercado, Formadora do Proxecto Europeo Draw the Line, empoderamento de mulleres contra a Violencia de Xénero; Belén Walliser, Asesora xurídica de CEAR Madrid, representación técnica de APRAMP, entidade social especialista en trata con fins de explotación sexual e, representación institucional da Secretaría Xeral de Igualdade.

Durante a VI Xornada,  a dramaturga e actriz AveLina Pérez presentará unha peza de teatro social creada e inspirada na temática que se aborda.

A REDE GALEGA CONTRA A TRATA SEXUAL está formada por 11 entidades sociais da comunidade autónoma galega dende o ano 2008 co fin de ser un instrumento de coordinación entre as organización integrantes da rede, sensibilizar aos axentes sociais implicados nesta vulneración dos Dereitos Humanos e problemática social,  así como unha plataforma asamblearia de denuncia e incidencia política na loita contra a trata de persoas.

As entidade sociais que forman parte da Rede Galega contra a Trata Sexual son: Fundación Amaranta (Ourense), Faraxa (Vigo), Aliad (Lugo), Médicos do Mundo Galicia, Ecos do Sur Galicia, Cáritas Diocesana Lugo, Cáritas Diocesana Ourense, ACCEM Galicia, O Mencer Oblatas (Ferrol),  Programa Vagalume Oblatas-Cáritas Diocesana Santiago, e a investigadorasocial Silvia Pérez Freire.

 

Lugar: CGAC (R/Valle Inclán,2) SANTIAGO DE COMPOSTELA

Data: 19 DE OUTUBRO DE 2017

Hora: 9.30h-13.45h  e de 16h-18.30h

Inscríbete á XORNADA  aquí

ENTRADA LIBRE, AFORO LIMITADO.

+info:  redegalegatrata@gmail.com