ARCO DA VELLA V (2020)

Proxecto: ARCO DA VELLA V, Atención integral dirixido a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, na Comunidade Autónoma de Galicia 2020

Ano: 2020

Financia: Fondo Social Europeo e Secretaria Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia)

descarga (1) logo_sxigualdade_color_4

A necesidade social do proxecto…                       

As Nacións Unidas calculan que, ao ano, uns catro millóns de mulleres e nenas son vítimas de trata con fins de explotación sexual mentres que a OIM (Organización Internacional para as Migracións) advirte que cerca de cen mil mulleres e nenas entran en Europa anualmente como vítimas de trata con fins de explotación sexual.

Na actualidade, a explotación sexual e a trata de persoas con fins de explotación sexual está recoñecida como unha auténtica escravitude moderna, un fenómeno que dana fondamente a dignidade humana dende o momento en que limita a capacidade das vítimas de autodeterminarse e construír proxectos de vida propios.

A gran maioría das vítimas son mulleres, calquera interpretación ou intervención sobre este fenómeno ha de ter en conta a perspectiva de xénero. Ao igual que outras formas de violencia contra as mulleres, caracterízase por unha relación de dominación dun sexo sobre o outro, que ten as súas orixes nos valores tradicionais do patriarcado, que asigna roles diferentes a mulleres e homes dende o momento do nacemento. Ademais, estamos ante  fenómenos multidimensionais e, por tanto, con causas múltiples.

As causas principais a difícil situación económica e política do país de orixe, a feminización da pobreza e a emigración ou a proliferación de redes de trata transnacionais. Ademais, as vítimas destes crimes soen ser persoas cun grao de vulnerabilidade moi elevado. O grupo con maior risco de converterse en vítima é o de mulleres e nenas con niveis de escolarización baixos, necesidades básicas insatisfeitas ou ben, aquelas que van na busca dunha mellor situación económica en contextos de gran precariedade.

Malia estar falando dun fenómeno a escala mundial non debemos esquecer a realidade concreta de España e, concretamente, de Galicia. España sitúase como principal receptor de mulleres vítimas destes fenómenos. Por exemplo, os informes “Trata de seres humanos con fins de explotación sexual” publicados anualmente pola Garda Civil dende 1999, estiman en 18.000 o número de mulleres estranxeiras vítimas deste delito, se ben a propia Garda Civil recoñece que o número de casos identificados non representa nin a metade dos existentes. A Rede Española contra Trata de persoas que agrupa a 24 ONGs, eleva a entre 40.000 e 50.000 as mulleres explotadas no noso país.

As mulleres vítimas de explotación e trata en España son, en máis do 95%, estranxeiras, e localízanse por toda xeografía española. Das súas nacionalidades despréndense tres orixes básicos: Romanía (no caso das europeas), Nixeria (para as africanas) e Brasil, Colombia, República Dominicana, Paraguai e Venezuela (para as latinoamericanas) . Outro elemento que está a converter a trata de mulleres con fins de explotación sexual en España nun fenómeno cada vez máis preocupante é a xuventude das mulleres, dos 23 aos 32 anos, incluso as ONGs alertan de que o 1% das vítimas poderían ser menores de idade. Galicia, referente aos datos das mulleres vítimas de explotación sexual e trata, segue a mesma liña que o resto do Estado.

No caso de Vagalume – CÁRITAS durante a execución do Arco da Vella dende o 2016 foron atendidas  preto de 3.000 mulleres. Entre estas atencións compútanse as mulleres atendidas e/ou informadas en traballo de rúa e aquelas que recibiron atención xurídica, psicolóxica, social  ou laboral e as usuarias do centro da muller onde se imparte formación de diversa índole e se prestan os servizos mencionados. Nomeadamente vinculadas ao Proxecto Arco da Vella IV (2019)  foron atendidas 105 mulleres das que o máis do 60% recibiron ou están a recibir unha atención integral.  As mulleres que participaron neste proxecto, na súa totalidade, viron mellorada a súa calidade de vida e garantidos os seus dereitos fundamentais.

As mulleres que recibiron ou están a recibir unha atención integral contan cun proxecto persoal a medio prazo, onde o acompañamento, asesoramento e seguimento é fundamental.   A gran maioría das participantes no proxecto Arco da Vella durante o 2019 atopábanse (polo menos ao inicio) en situación administrativa irregular, polo que o seu acceso a recursos sociais é limitado e mercado laboral formal inviable; e dadas as circunstancias actuais socioeconómicas e as características específicas do colectivo co que traballamos, é preciso facer fincapé naqueles aspectos que incidan directamente na súa recuperación persoal e na inclusión social, cultural e laboral.

Durante o 2020, a través do proxecto Arco da Vella V, preténdese continuar traballando para paliar as graves consecuencias que ten na vida das mulleres ser ou ter sido vítimas de explotación sexual e/ou trata; dándolle continuidade ás accións e actividades de proxectos anteriores, incidindo nos obxectivos propostos mais establecendo novas ferramentas, actividades e estratexias para coñecer a realidade, intervir con calidade e mellorar a resposta e a intervención.

Os obxectivos…

  • Dotar ás participantes das ferramentas necesarias para poder iniciar un proceso de busca de emprego eficaz a través de obradoiros formativos prelaborais, orientación e asesoramento laboral.
  • Proporcionar ás participantes asesoramento xurídico profesional e de calidade sobre os seus dereitos e deberes así como para a tramitación de procedementos administrativos de diversa índole que incidirán na procura dunha mellor calidade de vida.
  • Ofrecer ás participantes unha atención psicolóxica profesional, de calidade e a longo prazo que repercuta de maneira positiva nos seus procesos de recuperación persoal e lles permita acadar autonomía e seguridade.
  • Ofrecer un asesoramento social de calidade ás participantes incidindo no apoio directo, acompañamento e seguimento do proxecto persoal de cada unha que lles permita o acceso a recursos e garanta os seus dereitos fundamentais.
  • Proporcionar a todas as mulleres en situación de explotación sexual e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual, derivadas ou non das autoridades competentes unha atención inicial de calidade.

As actuacións que se levarán a cabo….

  • Atención inicial nos chamamentos realizados polas autoridades competentes. Acollida.
  • Asesoramento social, apoio directo, atención, información e asesoramento continuado.
  • Atención psicolóxic
  • Asesoramento xurídico
  • Orientación e asesoramento laboral. Formación.

            

Share This Story, Choose Your Platform!

About the Author: