A Comisión de Infancia, Adolescencia, Xuventude e Familia de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela  está formada por varios programas que traballan con menores en situación de vulnerabilidade social e/ou exclusión coa finalidade de mellorar o seu benestar e desenvolvemento.

Esta Comisión,  da que o Programa Vagalume forma parte, aproveitando a data do 20 de novembro “Día Universal dos Dereitos da Infancia”, vai executar o Proxecto “Falamos dos nosos dereitos”, iniciativa que poñemos en marcha este ano dentro da Diocese de Santiago coa finalidade de dar voz e participaciónás crianzas e mocidade que participa nos programas.

A través da creación de espazos de traballo elaborouse unha exposición composta por 7 cadros; cada un destes desenvolve dous dereitos, no que se coñecerá a percepción e opinións das crianzas sobre o  seu cumprimento e/ou vulneración.

A exposición estará no CSC FONTIÑAS (R/Berlín,13) do 18 ao 22 de novembro!

Non a perdades!