Proxecto: Atención integral dirigido a personas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, y/o víctimas de trata de ser humanos con fines de explotación sexual, en la Comunidad Autónoma de Galicia 2018

Ano: 2018

Financia: Fondo Social Europeo y Secretaria Xeral de Igualdade (Xunta de Galicia)

  • No marco do proxecto Arco da Vella III realízanse diferentes actuacións coa finalidade de acadar os obxectivos específicos establecidos.
    As actuacións englóbanse en 5 áreas: atencións iniciais (acollidas), asesoramento social, atención psicolóxica, asesoramento xurídico e orientación, información e formación no eido pre/laboral.
    As actuacións leváronse  acabo cun enfoque integral, e seguindo as liñas e principios fundamentais da entidade, que busca dar apoio, ofrecer acompañamento e potenciar o desenvolvemento persoal e autonomía de cada muller.

– ATENCIÓN INICIAL, ACOLLIDA. No marco do proxecto tiveron lugar 138 atencións iniciais, na maioría dos casos as participantes acoden por iniciativa propia (a través do traballo de rúa ou ben polo “boca a boca” e o posicionamento da entidade como lugar de referencia).- Mais tamén a coordinación coas autoridades e outros recursos facilita o acceso das mulleres ao recurso. Recibíronse 7 casos derivados de servizos sociais e outras entidades e 5 casos derivados directamente pola CNP.

-ASESORAMENTO SOCIAL.  Esta área abrangue dende o asesoramento e a información social até acompañamentos en trámites, tarxeta sanitaria, empadroamento, seguementos periódicos, coordinación con outros recursos, derivacións,… Sendo unha actuación necesaria para garantir o acceso a dereitos fundamentais, xa que o descoñecemento e ausencia de información implica en moitos casos limitacións graves á hora de acceso a recursos.
Durante o desenvolvemento do proxecto, o 80% das mulleres contaron con asesoramento social. Unha elevadacifra accedeu aos recursos sociai (axudas económicas, bonobús, bonos sociais luz/auga…). É relevante o acceso á saúde que durante a execución do proxecto se garantiu para 15 mulleres en situación administrativa irregular a través do Programa Galego de Protección da Saúde Pública.
Como é habitual realizáronse múltiples acompañamentos físicos, previa solicitude das participantes, por mor do descoñecemento e inseguridade especialmente en primeiras visitas e entrevistas.
Continuouse, igual que en anos anteriores, dentro desta área coa creación e seguimentos de proxectos persoais. Máis de 30 mulleres realizaron un proxecto persoal e lograron a maioría dos obxectivos propostos e moitas delas continúan neste proceso malia finalización do proxecto.

-ATENCIÓN PSICOLÓXICA. Esta actuación é fundamental e contribúe positivamente ao proceso de recuperación persoal e resiliencia das mulleres participantes que sofren as consecuencias de ser ou ter sido vítimas TSH. esta actuación lévase a cabo a través de dúas actividades diferenciadas: atención psicolóxica individualizada e un GAM (Grupo de Axuda Mutua).
O GAM funcionou como medida de prevención para posibles trastornos de saúde mental adquiridos pola situación vivida e trabaláronse obradoiros e sesións de debate/reflexión dende afectividade e sexualidade até hábitos de vida saudables pasando por autocoidado, relación interpersoais de calidade, prevención en adiccións,etc. Nos meses que durou o proxecto pasaron polo GAM 21 mulleres.
Acudiron a atención psicolóxica individualizada arredor de 65 mulleres.

– ASESORAMENTO XURÍDICO. Nas mulleres que son ou foron vítimas de TSH con fins de explotación sexual é imprescindible para o seu restablecemento contar cunha orientación socio-xurídica de calidade,apoio en xestión básica de trámites, información sobre dereitos e, por suposto, acceder a entidades específicas que realicen identificación e asistencia a mulleres vítimas de TSH.
No desenvolvemento do proxecto acudiron a asesoría xurídica sobre 70 mulleres con solicitudes de diversa índole malis que destacan as de dereito civil e continúan en aumento as de regularización administrativa e nacionalidade.

– ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO LABORAL. FORMACIÓN. A inserción socio-laboral, á hora de lograr unha inclusión real,  a autonomía plena e levar a cabo un proceso de recuperación persoal é fundamental.
O obxectivo desta actuación foi mellorar e incidir nesta área para ofrecer ás participantes unha formación laboral e prelaboral de calidade, así como asesoramento e orientación laboral individualizada que permita a medio e longo prazo (tendo en conta a maioría de mulleres en situación administrativa irregular) que as mulleres conten coa información, recursos e ferramentas necesarias para ter á súa disposición todo o necesario no momento de iniciar unha busca de emprego activa con posibilidades reais e xustas. Leváronse a cabo diversas actividades, obradoiros formativos de Competencias Clave, Curso básico de Primeiros Auxilios, Motivación cara o Emprego, Ferramanetas para a busca de Emprego…así como atencións individualizadas. Nos obradoiros participaron unhe media de 12 mulleres e a atención individualizada acudiron sobre 30.

CONCLUSIÓNS:

Durante o 2018 continúase a observar que a situación socioeconómica e o novo contexto político internacional trae da man unha nova realidade para a prostitución e a trata de seres humanos con fins de explotación sexual.
Esta realidade, á que se enfrontan as mulleres en contextos de prostitución e/ou vítima de TSH con fins de explotación sexual, pasa por: aumento da vulnerabilidade das mulleres; ausencia de oportunidades socio-laborais; aumento da marxinalidade e empobrecemento na prostitución; aumento das prácticas de risco; maior diversidade nas nacionalidade; traslado de clubs a pisos dificultando acceso e identificación de situación de explotación; retorno de mulleres que abandonaran a prostitución por ausencia de alternativas; etc.
Por todo o mencionado, as actuación do proxecto Arco da Vella III continúan a ser fundamentais para poder dar respostas ás necesidades e demandas das participantes así como poder prestar unha actuación individualizada e con enfoque integral.
Esta necesidade evidénciase cando, se comparamos co ano anterior, observamos que as mulleres atendidas no marco do proxecto aumentaron nun 22% e cun maior nº de demandas e por tanto de intervencións con proxectos persoais e seguementos individualizados.
Atendendo a un dos piares do proxecto, a inserción sociolaboral,e tendo en conta que unha elevada porcentaxe de participantes se atopa en situación administrativa irregular é importante sinalar que practicamente o 35% das mulleres recibiron formación laboral ou prelaboral e máis do 70% accederon e coñeceron recursos sociais, e máis do 60% recibiron atención psicolóxica e/ou xurídica.
En conclusión, tendo en conta as dificultades e a situación na que se atopan as participantes no proxecto Arco da Vella III, os resultados son positivos, pois no 100% dos casos viuse mellorada a súa calidade de vida e a metade das mulleres atópanse nun proceso de desenvolvemento persoal e empoderamento que lles proporcionará as ferramentas para enfrontarse ás dificultades e superar obstáculas ben diferentes ás do punto de partida.

Button Text