Ano: 2017

Financia: Concello de Santiago de Compostela      Resultado de imagen de logo concello

O proxecto

O Programa Vagalume – CARITAS DIOCESANA DE SANTIAGO, a través do proxecto “Acompañamento a mulleres en contextos de prostitución”, continuou co acompañamento ás participantes nos seus procesos de desenvolvemento persoal que teñen como obxectivo lograr o seu empoderamento persoal, social, familiar e laboral así como eliminar a vulnerabilidade e o risco de exclusión social ao que están expostas as mulleres en contextos de prostitución no Concello de Santiago de Compostela e contorna.

Para lograr este obxectivo incidimos nas áreas mencionadas a través de diversas actividades. Na área persoal facilitouse o apoio no relacionado coa saúde física e emocional e no desenvolvemento da vida diaria; na área social promoveuse o acceso aos diferentes recursos e realizouse mediación cos mesmos; na área familiar procurouse a mellora do vínculo familiar traballando co núcleo familiar ao completo; e por último, na área formativo-laboral ofréceuse formación prelaboral (adquisición  de coñecementos culturais, habilidades sociais, xénero e violencia de xénero, saúde…) e laboral (competencias clave), orientación para unha busca activa de emprego e mediación cos diferentes recursos e/ou empregadoras/es.

Os obxectivos do proxecto

  • Promover o empoderamento das mulleres en contextos de prostitución a través de procesos de desenvolvemento persoal.
  • Facilitar e motivar o acceso das participantes aos diferentes recursos/entidades sociais.
  • Fomentar a participación social e a integración co entorno das mulleres participantes
  • Crear unha intervención coas familias que favoreza o seu desenvolvemento integral, habilidades e competencias, con especial atención ao fomento da parentalidade positiva e crianza saúdable das súas fillas e fillos.
  • Mellorar ou comezar a empregabilidade das mulleres participantes mediante o acompañamento e mellora de competencias persoais, sociais e laborais básicas.

Ao rematar o proxecto

A intervención integral e individualizada que tivo como eixo o Proxecto “Acompañamento a mulleres en contextos de prostitución” repercutiu de xeito positivo na  vidas das 46 mulleres participantes que se empoderaron en tódolos niveis. 

A través dos proxectos persoais todas e cada unha das participantes coñecen os seus dereitos, viron melloradas as súas relacións familiares, adquiriron habilidades e ferramentas para desenvolverse no entorno, melloraron o seu acceso ao mercado laboral e, polo tanto, a súa vulnerabilidade e risco de exclusión social diminuíu considerablemente.

De xeito indirecto pero non menos importante, o proxecto repercutiu positivamente nas 46 familias e na comunidade da que forman parte as participantes.