Qué facemos

Centro da muller

É un centro de día de carácter social que ofrece atención integral a mulleres en contextos de prostitución e/ou vítimas de trata con fins de explotación sexual, proporcionándolles servizos de asesoría xurídica, orientación en saúde integral e atención psicolóxica, información e orientación social, obradoiros de desenvolvemento persoal e orientación laboral.

Asesoría xurídica

Orientación socio-xurídica, apoio na xestión de asuntos básicos da vida diaria, dotar ás mulleres de información sobre os seus dereitos e de como facelos efectivos, identificación e asistencia ás mulleres vítimas de TSH con fins de explotación sexual independentemente de se teñen ou non recoñecida a condición de vítima.

Orientación en saúde integral e atención psicolóxica

Acompañamento en tódalas fases do seu proceso de recuperación persoal e resiliencia.

Orientación social

Información, asesoramento e acompañamento coa finalidade de garantir o acceso das mulleres a dereitos fundamentais.

Orientación laboral

Información, asesoramento e acompañamento coa fin de dotar ás participantes dos recursos e ferramentas necesarias para comezar unha busca activa de emprego con posibilidades reais e xustas.

Obradoiros de desenvolvemento persoal

Actividades grupais realizadas dende un enfoque de empoderamento, de temática diversa (habilidades sociais, igualdade, xénero, saúde…).

Proba rápida do VIH

Posibilidade de realizar a proba rápida do VIH para persoas que tiveron unha posible situación de transmisión e que teñen dificultades, por diferentes motivos, para acudir aos servizos de saúde. A proba realízase de forma anónima, individual, de modo confidencial e sen custo.